Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 05 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas acolle o primeiro curso para novas solistas de violín con orquestra de corda dentro do programa do Festival Groba

Para as leccións, impartidas polo profesor italiano Emmanuele Baldini do 4 ao 12 de agosto, foron seleccionadas oito rapazas procedentes de diferentes partes do globo: Estados Unidos, Suíza, Galicia, Italia, Venezuela ou Xapón.

[Img #26620]

 

“O obxectivo destas aulas intensivas é tomar a peza de Vivaldi que van presentar nos concertos como punto de partida para afondar e mellorar a técnica. Xa logo, elas tamén traerán outras composicións preparadas para intercambiar coñecementos e practicar”, explica o profesor Baldini. A asistencia para alumnos ouvintes é de balde.


Paula Novoa, unha das violinistas, salienta a importancia de levar sempre a cabo unha aprendizaxe continuada. “É moi importante para os músicos. Dende o meu punto de vista, é preciso ter un desexo e curiosidade por aprender e mellorar. Hai que aproveitar a época estival, na que podemos practicar máis, sen o bulebule do curso académico, profundar na nosa técnica, e sempre cos mellores como Emmanuele Baldini”, opina a alumna de orixe latinoamericana, afincada en Suíza.

 

 

 

 

As violinistas tocarán interpretarán As catro estacións de Vivaldi

 

 

 


A estadounidense Victoria Lewis participa nesta actividade porque lle permite viaxar co seu mellor compañeiro: o violín. “Gusto de viaxar moito, e sempre que teño oportunidade, procuro que estea relacionado coa música, porque así uno as miñas afeccións favoritas. Isto permíteme coñecer xente nova, en concreto, músicos e músicas cos que podo intercambiar ideas, mellorar a técnica, amais de practicar moito, e claro, tocar nos concertos, o que adoro”, comenta.


A única representante galega, de Vilagarcía de Arousa, Elena Rodríguez, entende que sempre é interesante este tipo de cursos. “É a miña primeira experiencia nun curso como este, cun concerto no Festival Groba. É unha oportunidade para aprender e mostrar o noso esforzo e traballo.”, explica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.