Cultura
Luis Eduardo Aute ofrece un concerto antolóxico en Vigo o 29 de setembro
O cantautor madrileño ofrecerá un espectáculo de tres horas nos que poderemos ver unha curta realizada por el e no que fará un percorrido polos seus temas máis emblemáticos
![[Img #26621]](upload/img/periodico/img_26621.jpg)
O cantautor Luis Eduardo Aute ofrecerá o 29 de setembro un concerto no Teatro Afundación de Vigo no que fará un percorrido por unha ampla selección de cancións emblemáticas e coñecidas que compuxo ao longo de cinco décadas.
Aute ofrecerá un espectáculo -titulado “La Gira Luna”- que pasa de tres horas, con 28 minutos de proxección dunha curta de animación realizada (debuxada, musicada e dirixida) por el mesmo que se chama ‘Vincent y el giraluna’. Logo dará paso á música cun concerto antolóxico co máis significativo da súa obra: “Al alba”, “Slowly”, “Pasaba por aquí”, “Rosas en el mar”, “La belleza”, “Sin tu latido”, “Una de dos”, “Las cuatro y diez”, “De alguna manera”, “Alevosía”…
Luis Eduardo Aute estará acompañado por Toni Carmona (guitarras e dirección musical), Cristina Narea (guitarra, coro e percusión menor), Cope Gutiérrez (teclados e programacións) e Mario Carrión (batería e percusión).
Cinco décadas de éxitos
Luis Eduardo Aute (Manila, Filipinas, 1943) vive en Madrid desde 1954. Cunha precoz vocación pola pintura, e logo pola música, en 1966 -logo de compoñer cancións para outros intérpretes, grava as súas propias composicións. Até a data, a súa discografía consta de máis dunha trintena de discos de longa duración, tendo composto máis de 400 temas. Compuxo tamén bandas sonoras para numerosos filmes de directores como Jaime Chávarri, Berlanga ou Fernando Fernán Gómez.
No ano 2003 iniciou unha nova gravación de todas as súas cancións, da que até este momento se editaron tres volumes dobres baixo o títutlo ‘Auterretratos’, editados por Sony. O seu último traballo é ‘El niño que miraba al mar’, un CD con 11 temas novosque leva adxunto un DVD coa curtametraxe ‘El niño y el Basilisco’, debuxado e realizado polo autor.
Pintura, audiovisual e poesía
Como pintor expuxo por primeira vez na Galería Alcón en Madrid e desde aquela realizou unha trintena de exposicións individuais e outras tantas colectivas en todo o mundo.. Algunhas das súas pinturas foron seleccionadas para feiras internacionais de artes como a Bienal de París, a de Sao Paulo ou ARCO. Acadou varios premios e recoñecementos.
Tamén realizou varios filmes. A súa primeira longa foi ‘Un perro llamado Dolor’ (2001).
Editou tres libros de poemas: La Matemática del Espejo (Ángel Caffarena, 1975), La liturgia del desorden (Hiperión, 1978), Templo (BMG Ariola, 1986) e Volver al agua, que reúne os tres poemarios (Sial, 2003). Tamén ‘poemigas’ en formato de libro-disco: Animal Uno (Ed. El Europeo, 1994) e libro vídeo, Animal Dos (Plaça & Janes, 1999), Animal 3D, todos eles reunidos en Animal Hada (Siruela, 2006). Ademais, editou Animal.hito, el cuarto de los animales (Siruela, 2007) e No hay quinto aniMalo (Siruela, 2010). Os seus libros máis recentes son o libro-disco El Giraluna (La Galera, 2011) e o libro-DVD El niño y el Basilisco (Demipage, 2012).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85