GALICIA
O Plan de Residuos Industriais de Galicia para o periódo 2016-2022 inicia Oo trámite de exposición publica
Medio Ambiente vén de comezar a súa segunda e definitiva exposición pública, período que se prolonga ata o 27 de setembro e durante o cal se poderán presentar alegacións.
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2ayJ2C0) o Plan de Residuos Industriais de Galicia (2016-2022), co que se inicia a segunda e definitiva exposición publica antes da súa aprobación, tal e como establece a Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Os interesados poderán facer alegacións ao Plan e o Estudo Ambiental Estratéxico, colgados tamén no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://sirga.xunta.gal), ata o vindeiro 27 de setembro. A partir desa data, a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitirá a Declaración Ambiental Estratéxica. Unha vez emitida, o Plan deberá elevarase ao Consello da Xunta para a súa aprobación. As previsións son que se poida aprobar este documento no outono do 2016, co que se culminará unha importante tarefa en materia de planificación e xestión de residuos e se dará cumprimento á Directiva marco de residuos.
O documento proposto incorpora unha análise específica sobre os efectos da xeración e xestión de residuos no cambio climático e no impacto sobre a xeración de emprego
Este plan constituirá o marco de referencia na planificación da xestión dos residuos industriais en Galicia, achegando conceptos, principios e estratexias a adoitar na correcta xestión de residuos industriais nos próximos anos. Neste sentido, a Administración galega invita á sociedade en xeral a participar na definición deste documento e sobre todo ao sector produtivo e aos xestores de residuos.
O documento do PRIGA 2016-2022, incorpora os seguintes principios reitores:
- Xerarquía de residuos.
- Autosuficiencia e proximidade.
- Principio de quen contamina paga.
- Responsabilidade ampliada do produtor do produto.
- Loita contra o cambio climático.
- Eficiencia no uso de recursos.
- Responsabilidade compartida.
- Facilitar o acceso á información.
- Entre os obxectivos estratéxicos pódese destacar:
- Implicar a todos produtores e consumidores na prevención de residuos.
- Mellorar a I+D+I no campo da prevención.
- Mellorar e automatizar as ferramentas de información administrativa.
- Recuperar a maior parte dos materiais contidos nos recursos.
- Minimizar ao máximo posible a eliminación de residuos.
- Reducir os efectos a nivel de cambio climático.
- Tender ao establecemento da economía circular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101