GALICIA
O DOG publica a convocatoria dos cursos de formación continua da AGASP para o segundo cuatrimestre
A oferta está composta por 40 cursos, dos cales sete son totalmente novidosos.
![[Img #26662]](upload/img/periodico/img_26662.jpg)
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar, na súa edición número 147, a convocatoria dos cursos de formación continua correspondentes ao segundo cuadrimestre do ano 2016, da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para o persoal da seguridade pública.
Este ano, como novidade, se impartirán sete cursos novos entre os corenta que terán lugar na academia. En total 785 horas lectivas que se levarán a cabo entre o 12 de setembro e o 14 de decembro, cunha oferta de 930 prazas dirixidas principalmente aos e ás policías locais de Galicia. Para os membros da Policía Nacional, Autonómica e da Garda Civil que estean interesados na realización dos cursos, reservarase o 10 por cento das prazas ofertadas.
As solicitudes se realizarán a través dun formulario de matrícula telemática dispoñible na web da Agasp http://agasp.xunta.gal/gl. O prazo de presentación das solicitudes está aberto dende a publicación da convocatoria ata as 14.00 horas do vindeiro 5 de setembro de 2016.
Novos cursos de formación
Entre os novos cursos de formación continua, ofertados pola Agasp, atópanse cursos dirixidos ás competencias emocionais, á seguridade nas probas deportivas de motor, ao rescate en zonas de difícil acceso ou para ter mellor coñecemento do mundo xudicial, entre eles destácanse:
O curso de Competencias emocionais para profesionais dos corpos e forzas de seguridade, está enfocado á xestión emocional para o benestar persoal e profesional e, a xestión de conflitos no plano profesional.
O novo curso de Prevención de riscos nas probas deportivas de motor, ten o obxectivo de dotar aos profesionais da seguridade pública dos coñecementos necesarios para identificar os riscos en cada zona da carreira, en base ás características da vía, os vehículos participantes e as circunstancias climatolóxicas. As probas automobilísticas, en Galicia, constitúen un deporte de masas onde o público se distribúe ao longo do percorrido e a correcta colocación destes é fundamental para a garantir a súa seguridade.
Por outra banda, o curso de Localización, navegación e rescate en vehículos 4x4 que vai un paso máis alá do curso de Condución 4x4. Trátase de coñecer os métodos e formas que lles permitan aos axentes a localización das persoas polos datos de localización que estas poidan aportar por vía cartográfica ou ben, a través do smartphone, así como o dominio das técnicas de navegación para chegar ao punto desexado para o rescate de persoas e vehículos en zonas de montaña ou costa de difícil acceso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136