Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 10 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Plan Concellos 2016 achega 130.000 € a Mos para actuacións no pavillón Óscar Pereiro

O grao de concesión do plan provincial en Mos sitúase no 89,7%, cuns investimentos ata agora de 797.114,43€.

[Img #26663]

 

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar unha achega económica de
130.904,73 € para o concello de Mos, que se destinará a actuacións de mantemento de reparacións das instalacións deportivasdo pavillón  municipal e Óscar Pereiro. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016.

 

Esta partida vén sumarse a outras xa aprobadas para Mos dentro da liña 1, por un importe total de 318.846,41 €, para a construción dun novo muro de pedra para a contención dun talude e para a humanización do Camiño das Pozas. Así mesmo, dentro da liña 2 tamén se aprobaron 121.297,78 € para a limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños.

 

Na liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- achegáronse 33.304,29 € para a promoción de hábitos saudables e prevención de drogodependencias, a actividade “Mos Familiar”, a formación inicial en intervención social e voluntariado, a Festa da Rosa, a Cabalgata de Reis e o Entroido. Na liña 4 -decidada ao emprego- foron destinados 192.761,22 € para a contratación de 20 traballadores e traballadoras que desenvolven diversas tarefas municipais.

 

No que levamos de 2016, o Goberno provincial leva concedido o 89,7% do total destinado para Mos no Plan Concellos 2016, cuns investimentos totais ata agora de 797.114,43€.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.