Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 13 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Meis recibirá 98.000 € do Plan Concellos 2016 para saneamento e reposición de firmes en auteiro e Caticovas

O grao de concesión do plan provincial en Meis sitúase no 92,8%, cuns investimentos ata agora de 403.943,54€.

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar unha achega económica de
98.652,66 € para o concello de Meis, que se destinará á rede de saneamento e reposición de firmes nos lugares de Outeiro e Caticovas. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016.

 

Esta partida vén sumarse a outras xa aprobadas para Meis dentro da liña 1, por un importe total de 147.898,72 €. Foron investimentos para a instalación de caldeiras de biomasa na Casa Consistorial e no colexio e para caldeiras de pellets no campo de fútbol  e no albergue, así como investimentos para melloras na seguridade viaria do núcleo urbano do Mosteiro, para a adquisición dunha furgoneta-grúa e para a habilitación do albergue de peregrinos.

 

No Plan Concellos, dentro da liña 2, tamén se aprobaron 65.241,35 € para gastos correntes, e na liña 4 -dedicada á promoción de emprego- outros 75.840,48 € para a contratación de oito traballadores e traballadoras municipais. Na liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- achegáronse 16.310,33 € para as Festas de San Bieito, a Maratón Popular e a Festa dos Callos.

 

No que levamos de 2016, o Goberno provincial leva concedido o 92,8% do total destinado para Meis no Plan Concellos 2016, cuns investimentos totais ata agora de 403.943,54 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.