PROVINCIA
O novo Goberno da Deputación destina preto de 700.000 ós clubs deportivos da provincia
Un total de 56 clubs pertencentes a 20 concellos da provincia se beneficiarán destas achegas.
![[Img #26660]](upload/img/periodico/img_26660.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta semana a concesión de subvencións dirixidas a entidades e clubs deportivos da provincia que participen en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano 2016. En total, 56 clubs pertencentes a 20 concellos da provincia recibirán preto de 700.000 € para poder competir a nivel nacional.
Esta é a primeira vez que os clubs que compiten a nivel nacional teñen unha liña de subvencións específicas reguladas mediante unhas bases que lles vai permitir dispor de cartos públicos, por concorrencia competitiva, para o seu funcionamento e actividades con total e absoluta garantía de equidade. Neste contexto, para a concesión destas axudas, aplicáronse criterios obxectivos como o nivel de competición da entidade, o número de licencias federativas ou o número de equipos participantes por categorías.
En concreto, serán 14 clubs de balonmán, 9 de fútbol, 5 de baloncesto, 4 de fútbol sala, 4 de ciclismo, 3 tenis de mesa, 2 de natación, 2 de squash, 2 de atletismo, 2 de voleibol e 1 das categorías de salvamento acuático, judo, ximnasia rítmica, béisbol, surf, rugby, loitas olímpicas, bádminton e ximnasia os que se beneficien de achegas que abranguen desde os 2.752 ata os 24.467 €.
Por comarcas, 5 clubs de fútbol, 6 de balonmán, 4 de ciclismo, 3 de atletismo, 2 de fútbol sala, 2 de voleibol e 1 das categorías de tenis de mesa, judo, baloncesto, ximnasia rítmica, squash, surf e rubgi das comarca de Vigo e O Baixo Miño pertencentes ós concellos de Baiona (Club Fútbol Erizana), Gondomar (Agrupación deportiva Vincios), Nigrán (Club Ciclista Rías Baixas), O Porriño (Club Ciclista Spol), Redondela (C.D. Balonmán Chapela, Club Deportivo Choco Redondela, Club Deportivo Racing Cycling Team e a Sociedad Atlética de Redondela), O Rosal (Sociedad Deportiva Atl. Novas O Rosal) e Vigo (Asociación Deportiva Famu, Club Atletitsmo Feminino Celta, Club Balonmán Seis do Nadal, Club Ciclista Vigués, Club Deportivo Bosco, Club Deportivo Mosteiro Bembrive F.S., Club Deportivo Xuvenil Teis, Club Maniotas, Club Rápido de Bouzas, Club Sociedad Deportiva Carballal, Club Vigo de Voleibol, Club Vigo Squash, Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo, Halcones de Vigo Beisbol Club, Prado Surf Clube, Real Club Celta de Atletismo, Sardoma C.F, Sociedad Deportiva Octavio Vigo, Talleres ABC Vigo Futbol Sala, Unión Balonman Lavadores e Vigo Rugby Club) van recibir un total de 380.000 €.
Na comarca do Morrazo serán 2 clubs de balonmán e 1 club de fútbol pertencentes ós concellos de Bueu (Bueu Atlético de Balonmano) e Cangas (Alondras Club de Fútbol e Luceros) os que recibirán un total de 40.000 €.
Pola súa banda, 3 clubs de fútbol, 2 de baloncesto, 1 de tenis de mesa e 1 de salvamento acuático da comarca do Salnés pertencentes ós concellos de Cambados (Club Cambados Tenis de Mesa e Club Xuventude de Baloncesto Cambados), Ribadumia (Club Deportivo Ribadumia), Sanxenxo (PC Salvamento Sanxenxo) e Vilagarcía de Arousa (Agrupación Deportiva Cortegada Carril Vilagarcía, Club Arosa Sociedad Cultural e Club Atlético Arousana) van recibir un total de 85.021 €.
Das comarcas da Paradanta e O Condado serán 1 club de balonmán e 1 de bádminton pertencentes ós concellos da Cañiza (Club Balonmán Cañiza) e As Neves (Club Bádminton As Neves) ós que a Deputación de Pontevedra achegará 20.000 €.
Nas comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e Deza 1 club de fútbol sala, 1 de balonmán e 1 de loitas olímpicas pertencentes ós concellos da Estrada (A Estrada Futsal), Lalín (Club Balonmano Lalín) e Vila de Cruces (Keltoi Cruces) van recibir un total de 20.000 €.
Na comarca de Pontevedra serán 2 clubs de balonmán, 2 de baloncesto, 2 de natación e 1 club de fútbol, atletismo, fútbol sala, squash e tenis de mesa pertencentes ós concellos de Poio (E.D. Poio) e Pontevedra (Balonmán Pontevedra, Club Baloncesto Arxil de Pontevedra, Club Baloncesto Peixefresco Marín, Club Cisne Balonmano, Club de Ximnasia Pontevedra, Club Leis 26 F.S. Pontevedra, Club Natación Galaico, Club Squash Pontevedra, Club Natación Sincronizada Pontevedra e Tenis de Mesa Monte Porreiro) os que recibirán un total de 131.000 €.
Na actualidade a Deputación está a manter máis de 3,3 millóns de euros en axudas para o fomento ó deporte na provincia, na gran aposta polo desenvolvemento das actividades deportivas como un eixo non só saudable senón tamén como dinamizador da xuventude. Entre as axudas principais están as que hoxe foron aprobadas en Xunta de Goberno por valor de 500.000 € para o deporte náutico, as de deporte base federado dotadas de 600.000 euros que se aprobaron a semana pasada, as de clubs en competicións nacionais con preto de 700.000 euros que se aprobaron hoxe, as de actividades ordinarias dos clubs que están dotadas de medio millón de euros, ademais das actividades extraordinarias para deportistas individuais e os olímpicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215