PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra aproba as bases de selección para o plan de práctica laboral en empresas e asociacións
En total, 400 mozas e mozos poderán realizar a súa primeira experiencia profesional en 360 empresas privadas e 40 organizacións non gobernamentais.
![[Img #26659]](upload/img/periodico/img_26659.jpg)
A redución do desemprego xuvenil e a inserción laboral das mozas e mozos da provincia de Pontevedra constitúe "un dos retos máis importantes para o novo goberno da Deputación". Por tal motivo, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases que rexerán os criterios de selección para as 400 mozas e mozos, sen experiencia laboral, que queiran optar a unha das prazas ofertadas do Plan de Práctica Laboral en 360 empresas privadas e 40 organizacións non gobernamentais da provincia.
A institución provincial está a destinar 700.000 € ó Plan de Práctica Laboral a través do cal 400 persoas terán a súa primeira experiencia laboral en empresas do sector privado, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) e organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica para facilitar a súa futura incorporación ó mercado de traballo. As persoas beneficiarias deste Plan recibirán entre 700 e 800 € ó mes durante un ano como máximo.
En total, presentáronse a esta convocatoria máis de 1.200 empresas e organizacións non gobernamentais das cales foron seleccionadas 400. Os municipios que achegaron máis solicitudes foron Vigo (98), Pontevedra(96), O Porriño (22), Vilagarcía de Arousa (17), A Estrada (5) e Cambados (2).
As titulacións universitarias con maior demanda entre as empresas privadas son Administración e Dirección de Empresas, Enxeñería Técnica Informática, Ciencias Empresariais, Arquitectura e Publicidade e Relacións Públicas. No caso de ciclos superiores de formación profesional, o que máis solicitaron as empresas son persoas con formación en administración e finanzas, marketing e publicidade, ventas e espazos comerciais e axencias de viaxes e xestión de eventos.
En canto ás entidades e asociacións non gobernamentais, as titulacións universitarias que máis demandaron son Administración e Dirección de Empresas, Educación Social, Fisioterapia, Ciencias Empresariais, Relacións Laborais, Traballo Social e Xornalismo. No caso dos ciclos superiores de formación profesional, o perfil máis solicitado é o de persoas con formación en administración e finanzas, integración social, animación de actividades físicas e deportivas, asistencia á dirección e xestión de ventas e espazos comerciais.
As 400 bolsas, ademais das 15 bolsas de Turismo Rías Baixas, únense ás outras 200 aprobadas en abril para que titulados universitarios e de ciclos de formación profesional realizasen a súa primeira experiencia laboral nos concellos e servizos da Deputación de Pontevedra. Estas tres actuacións, encamiñadas ó fomento do emprego e inserción laboral das mozas e mozos da provincia, supoñen un investimento de preto de 3 millóns de €, ós que hai que engadir os 9 millóns de € dirixidos á contratación municipal de persoal grazas ó Plan Concellos 2016. É dicir, o novo goberno da Deputación, en 8 meses, está a destinar 12 millóns de euros para que máis de 2.100 persoas poidan realizar a súa primeira experiencia laboral ou ter un contrato de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103