PONTEAREAS
O PP denuncia a "incompetencia do Goberbo Local" por non contar con socorristas nos areais do Tea
O Portavoz do PP, Salvador González Solla, reitera a denuncia de "incompetencia e de abandono de funcións do Alcalde, Xosé Represas, pola inseguridade das zonas de baño do Tea por non contar con socorristas, indicadores da calidade das augas aptas para o baño e da limpeza e mantemento das praias fluviais".
![[Img #26697]](upload/img/periodico/img_26697.jpg)
"Xa o pasado 22 de xullo, denunciabamos a situación que se estaba a vivir nas zonas de baño do río Tea ao seu paso polo municipio de Ponteareas, praias que non contan co servizo de socorristas, falta de carteis indicadores da calidade das augas de baño e falta de mantemento e limpeza dos areais" explican dende o grupo municipal do PP.
"O PP pregúntase, unha vez máis, quen vai ser o responsable de se producir unha desgracia nun dos areais fluviais? como xa ocorreu un pequeno percance nas Pías, que pola falta de mantemento das pistas que aceden ao areal, tiveron que esperar a que os bombeiros accederan ao areal cun vehículo todoterreo para trasladar ao accidentado ata a ambulancia, o que significou un retraso importante no traslado da persoa accidentada" sinalan.
"Os populares non entendemos como o goberno local aínda non contratou o persoal socorrista á altura de tempada estival na que estamos. Dende o PP cremos que o goberno local descoñece cales son as prioridades dun goberno, como é á de contratar persoal para cubrir as necesidades urxentes do Concello, como son as dos socorristas nas praias fluviais, que a día de hoxe seguen sen contratar, aínda que puideron contratar algún socorrista dentro dos 20 traballadores/as que contrataron dentro do Plan Concertado da Xunta ou do Plan Concellos da Deputación Provincial" explican.
"Ademais, xa a mediados de agosto, aínda están sen colocar os carteis indicadores da calidade das augas para o baño das diferentes praias fluviais, cuestión esta obrigatoria pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Por outra banda, boa parte das zonas próximas aos areais de baño aínda están sen limpar, sendo, en moitos casos, os propios usuarios os que teñen que facer labores de limpeza e desbroce para poderen utilizar estas zonas de esparcemento tan requeridas durante os días de calor estival" din dende o PP.
Recorda o PP que" a competencia de vixilancia das praias fluviais é exclusiva do Concello e que a Xunta non ten por que facer o seu traballo, aínda que si é certo que existe unha orde de axudas á contratación de socorristas, na que se priorizan os areais de costa. Orde na que nos últimos anos o Concello de Ponteareas nunca contou con estas axudas".
Dende o PP consideran "urxente a contratación dos socorristas para evitar accidentes, como en días pasados no areal das Pías. Ademais, reiteramos ao goberno local que priorice a limpeza, desbroce, e mellora de accesibilidade aos areais do Tea, así como dos paseos, sendeiros e áreas recreativas fluviais".
"Polo tanto, dende o PP se responsabilizará ao Alcalde e ao Concelleiro de Persoal pola súa deixadez de funcións non sabendo antepoñer a imperiosa necesidade de contratación dos devanditos socorristas e por non tomar as medidas precisas e necesarias para evitar, na medida do posible, consecuencias a maiores nos accidentes que se puideran producir" advirten.
"Ademais, unha vez máis, dende o PP lamentamos que este goberno, na metade do verán, e a día de hoxe, nas praias fluviais do Tea (Freixa 1/ 2, San Roque, Moscadeira, As Partidas...) non estean colocados os carteis obrigatorios sobre a calidade das augas de baño que ordena a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia".
Recordan os populares que "coas obras rematadas o pasado ano do regato da Venda, tal e como manifestábamos, dita praia de San Roque volve este ano a ter a cualificación de apta para o baño, despois de que durante moitos non o fora por mor dos vertidos de dito regato".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184