PROVINCIA
A Deputación apoia a iniciativa “Reta3. Móvete pola Diabete” para visibilizar esta doenza
O deportista afeccionado Daniel Fernández afrontará esta fin de semana o segundo reto que consiste en 24 horas pedaleando polo Val Miñor
![[Img #26679]](upload/img/periodico/img_26679.jpg)
A Deputación de Pontevedra acolleu esta semana a presentación do segundo reto da iniciativa “Reta3. Móvete pola Diabete”, impulsada por Anedia, a asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia, para visibilizar a problemática da doenza da diabete entre nenos e nenas menores de idade. No acto participaron a Deputada de Deportes, Chelo Besada; a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas; a presidenta de Anedia, Ana Pérez; e o deportista Daniel Fernández Cerzón.
Dende a Deputación de Pontevedra, a Deputada de Cohesión Social destacou o compromiso do Goberno provincial, dende o primeiro momento, para darlle voz e visibilidade ao traballo de todas as asociacións e colectivos da provincia, como é o caso de Anedia. “Un dos nosos retos é que a sociedade saiba e coñeza todo o que sucede na provincia e sexa consciente de todas as dificultades polas que pasan múltiples colectivos”, manifestou Digna Rivas.
Nesta liña de apoio e de inclusión de todos os colectivos, Rivas lembrou que, por exemplo, este ano nos Campamentos da Lanzada, os nenos e nenas con diabete contan cun monitor de apoio específico as 24 horas do día e que, por primeira vez, nas bases para a contratación se esixiu que os monitores dos campamentos teñen que ter uns coñecementos sanitarios necesarios. “E para o ano non só teremos isto, senón que aínda melloraremos máis, xa que a inclusión ten que ser cada vez maior”, concluíu Rivas. Pola súa banda, a Deputada de Deportes salientou a importancia de apoiar iniciativas como as de Anedia dende a Administración provincial, e ao mesmo tempo, felicitou á propia asociación e ao protagonista dos retos polos éxitos acadados ata agora e polos que virán no futuro.
“Reta3. Móvete pola Diabete” é unha iniciativa que persegue un dobre obxectivo: concienciar sobre as dificultades que esta doenza implica entre os máis pequenos e pequenas da casa, e ao mesmo tempo, recadar fondos para continuar traballando na eliminación das dificultades que estes menores se atopan nas súas actividades cotiás. A iniciativa componse de tres retos deportivos protagonizados por Daniel Fernández Cerzón. O pasado 16 de xullo tivo lugar o primeiro, cunha ruta en bicicleta entre Gondomar-Santiago-Gondomar.
O segundo reto vaise desenvolver entre o vindeiro venres e sábado, días 12 e 13 de agosto. Comezará ás 11 da mañá na Praza do Concello de Gondormar e consistirá en 24 horas pedaleando polas estradas do Val Miñor, pasando polos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona. Será un circuíto de entre 12 e 14 quilómetros que Daniel, máis o pelotón que voluntariamente o queira acompañar, percorrerá durante 24 horas ata facer un mínimo de 380 quilómetros. Na presentación, o deportista de Gondomar convidou a todas as persoas que queiran a sumarse en momentos puntuais ao seu percorrido para así apoiar esta iniciativa coa que el colabora de xeito desinteresado e altruísta.
Ana Pérez, a presidenta de Anedia, agradeceu a colaboración de Daniel Fernández para protagonizar estes retos e tamén agradeceu o apoio da Deputación para impulsar a difusión dos problemas da diabete entre os máis pequenos e pequenas. Explicou que con esta iniciativa pretenden dar a coñecer as necesidades deste colectivo, e paralelamente, recadar fondos para traballar na normalización da vida cotiá destes cativos e cativas. Neste sentido, asegurou que o prioritario é lograr que os monitores que traballan cos menores se formen especificamente para poder atender a aqueles e aquelas que sofren de diabete ou algunha outra doenza. . “Dende a nosa asociación o que queremos é demostrar que os nenos e nenas con diabete poden facer de todo, deporte por suposto, pero sempre teñen que saber como”, indicou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103