GALICIA
A Policía Autonómica investiga os presuntos autores de dous incendios forestais nos concellos de Barro e Sanxenxo
Durante este ano, os axentes autonómicos investigaron un total de 40 persoas por delitos relacionados con incendios no monte galego.
Axentes da Xefatura da Policía Autonómica en Pontevedra informaron da investigación de dous homes e unha muller como presuntos autores dun incendio forestal ocorrido o pasado 23 de xullo na parroquia de Dorrón, en Sanxenxo.
O incendio afectou unha superficie de 1.600 metros cadrados de superficie, entre monte raso (1.100 metros) e superficie arborada (500 metros cadrados). Realizadas as investigacións necesarias, os axentes comprobaron que a orixe do incendio tivo lugar cando os investigados se atopaban realizando unha queima de restos agrícolas, feita sen cumprir as medidas preventivas básicas de seguridade.
Na investigación contouse coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Para a extinción do incendio foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia e Bombeiros do Concello de Sanxenxo.
Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Cambados, en funcións de Garda.
Ademais, a Policía Autonómica de Pontevedra informou tamén de que está a investigar un varón como presunto autor de dous incendios ocorridos o 29 de xullo e o 2 de agostos, na parroquia de San Breixo, concello de Barro, cunha superficie de 700 metros cadrados.
Segundo as informacións dos axentes da Policía Autonómica o presunto autor prendeu o lume intencionadamente. Nesta investigación tamén se contou coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Para a extinción do incendio foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta.
Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Caldas de Reis.
Durante este ano, os axentes autonómicos detiveron ou investigaron un total de 40 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215