GALICIA
Os salarios da xuventude galega son un 9,4 por cento máis baixos que a media estatal
A taxa de paro entre os mozos e mozas medra en dous puntos dende a reforma laboral e é 9 puntos máis elevada que no conxunto de idades.
Con motivo da celebración, hoxe, do Día internacional da xuventude, UGT-Galicia fai unha análise da situación do mercado laboral da xuventude galega que resulta devastadora. Altas taxas de desemprego, temporalidade, parcialidade, salarios moi por debaixo que no resto das idades e taxas de pobreza ou exclusión social alarmantes. Situación que se agudizou aínda máis coa entrada en vigor da Reforma laboral imposta polo Goberno do PP.
Esta análise leva a concluír que as políticas de emprego dos gobernos do PP, tanto no Estado como en Galicia, non están logrando os obxectivos que anunciaban, especialmente a Reforma laboral. O que si están conseguindo é empeorar as condicións de traballo e de vida da poboación en xeral, pero dun xeito máis incisivo entre as persoas novas. Empeoran as condicións de traballo, diminúe a estabilidade no emprego e redúcese a calidade do mesmo. Isto conduce a un continuado descenso das rendas do traballo que impedirá retomar a demanda interna e mellorar a economía no seu conxunto.
A temporalidade e a contratación a tempo parcial son os dous camiños polos que está a transcorrer a creación de “subemprego”. Esta tendencia hai que mudala xa. Primeiro, derrogando as reformas laborais impostas; modernizando os servizos públicos de emprego; poñendo en marcha un Plan de choque polo emprego (con medidas específicas para os colectivos con maiores dificultades, entre os que se atopan os mozos e mozas); acabando coas políticas de austeridade compulsiva tanto en España como na UE; reforzando as políticas activas de emprego e estendendo o sistema de protección por desemprego; potenciando o Plan de Garantía Xuvenil; ou mellorando a formación profesional dual, entre outras medidas.
Ata agora os datos de redución do desemprego que se produciron teñen que ver máis cos colectivos de mozos e mozas que emigran ou os que deixan de buscar emprego porque retoman os estudos ou polo efecto desánimo, máis que pola contratación real que se rexistra, que se centra no emprego temporal.
Unha análise do mercado laboral galego, centrada nas persoas novas, reflicte desigualdade con respecto ao resto do grupo de idades, incluso dentro de Galicia. Desigualdade que se acrecenta dende a entrada en vigor da reforma laboral e os recortes impostos polos gobernos do PP en Galicia e no resto do Estado. Pero é que a xuventude galega tampouco presenta unha situación moi vantaxosa, todo o contrario, con respecto á mocidade do conxunto do Estado.
Segundo os datos da EPA, dende a aplicación da reforma laboral a taxa de paro incrementouse dous puntos entre os menores de 35 anos, pasando do 24,6 por cento no segundo trimestre de 2011 ao 26,6 por cento no segundo trimestre de 2016. Ademais, sitúase nove puntos por enriba da que se rexistra no resto de idades en Galicia, do 17,7 por cento.
E a isto hai que engadir que o 67,53 por cento (datos de 2015, o último dato que ofrece o SEPE desagregado por idades) dos mozos e mozas menores de 30 anos que están en paro non teñen ningún tipo de cobertura por desemprego, fronte ao xa moi elevado 55 por cento do conxunto de idades.
MÁIS DO 40 POR CENTO DA XUVENTUDE GALEGA EN DESEMPREGO LEVA MÁIS DUN ANO NESTA SITUACIÓN
O desemprego de longa duración, aqueles que levan máis dun ano nesta situación, tamén golpea aos máis mozos. Segundo os datos do IGE e do INE, con respecto ao segundo trimestre de 2011, xusto antes da reforma, este subiu en 1.700 mozos e mozas, ao pasar de 32.500 a 34.200. Do total das persoas desempregadas menores de 35 que hai hoxe en Galicia, o 40,4 por cento levan máis dun ano nesta situación.
Para UGT-Galicia, un dos principais problemas do mercado laboral galego é a perda de poboación activa, que ten a súa orixe, basicamente, na caída demográfica, a emigración laboral e o abandono da busca activa de emprego polo efecto desánimo ante a falta de oportunidades.
HAI UN 26 POR CENTO MENOS DE POBOACIÓN ACTIVA E UN 28 POR CENTO MENOS DE PERSOAS OCUPADAS EN GALICIA MENORES DE 35 ANOS QUE ANTES DA REFORMA LABORAL
Hai un 26 por cento menos de poboación activa menor de 35 anos agora no 2016 con respecto a 2011.
Nestas idades, a poboación ocupada redúcese en Galicia nun 28 por cento dende a entrada en vigor da reforma laboral. No segundo trimestre de 2016 a mocidade ocupada en Galicia sitúase nas 233.700 persoas, baixando en relación ao 2011 en 89.000. En só cinco anos rexístrase máis da cuarta parte de perda de ocupación entre a mocidade. Unha baixada moito máis acusada que no resto do Estado onde esta foi do 22,8 por cento.
Por sectores, só o de servizos ocupa ao 73,8 por cento da mocidade galega, seguido da industria, a moi longa distancia, cun 15,8 por cento, e xa cun 5,8 por cento, a construción, e cun 3 por cento a agricultura e cun 1,6 por cento a pesca.
CADA VEZ MENOS CONTRATOS INDEFINIDOS PARA A XUVENTUDE
Antes da aplicación da reforma laboral, en xuño de 2011 esta porcentaxe era entre os menores de 25 anos de 7,4 puntos, situándose no 2016 no 5,8 por cento (sendo no conxunto das idades o 8,3 por cento), o que evidencia que cada vez realízanse menos contratos de modalidade indefinida sobre o total da contratación rexistrada.
Tamén se constata que a menor idade, maior porcentaxe de contratación rexistrada de modalidade temporal sobre o total.
TAXAS DE TEMPORALIDADE ALARMANTES ENTRE AS MOZAS E MOZOS GALEGOS, DO 47 POR CENTO
As mozas e mozos galegos sofren taxas de temporalidade alarmantes, do 46,84 por cento, fronte ao 25,8 por cento que se rexistra no conxunto de idades. O 86,2 por cento das persoas novas ocupadas traballan por conta allea e, deste total, tan só o 53,2 por cento teñen contrato indefinido.
O 19 POR CENTO DA XUVENTUDE EN GALICIA TRABALLA A TEMPO PARCIAL E O 65 POR CENTO O FAN DE XEITO INVOLUNTARIO
A xuventude galega tamén é vítima da parcialidade, na maioría dos casos de carácter involuntario. Se no segundo trimestre de 2011 a parcialidade dos e das menores de 35 anos en Galicia era do 17,6 por cento, no segundo trimestre de 2016 aumentou ata o 19,1 por cento. No total da poboación esta taxa é do 14 por cento.
Cando o contrato parcial é unha opción persoal e voluntaria non hai problema pero é que o 65 por cento dos mozos e mozas que están nesta situación indican que o motivo é non atopar un traballo a xornada completa.
O 14 POR CENTO DA MOCIDADE GALEGA TEN UN SUBEMPREGO
Pero se o desemprego, a temporalidade e a parcialidade non eran suficientes, a mocidade galega tamén ten que sufrir o subemprego por insuficiencia de horas de traballo. O 13,6 por cento da xuventude galega está nesta situación. No conxunto de idades esta taxa é do 9,5 por cento.
A XUVENTUDE GALEGA PERCIBE UN 9,4 POR CENTO MENOS DE SALARIO QUE UN MOZO OU MOZA DO CONXUNTO DO ESTADO, E UN 18 POR CENTO MENOS QUE A GANANCIA MEDIA ANUAL GALEGA
En materia salarial, pódese afirmar que a mocidade galega, de entre 25 e 34 anos, percibe un 9,4 por cento menos de salario ao ano que un mozo ou moza no conxunto do Estado (son datos do ano 2013 porque é o último dato dispoñible da Enquisa anual de estrutura salarial), e un 17,9 por cento menos que a media anual que percibe un traballador ou traballadora en Galicia.
MOITAS EMPRESAS UTILIZAN AS BOLSEIRAS E BOLSEIROS EN LUGAR DE REALIZAR UN CONTRATO DE TRABALLO
Existe unha gran falta de control sobre as prácticas que imposibilita coñecer o número real de bolseiros e bolseiras que están realizando prácticas en empresas. Pero si hai constancia, a través das estatísticas de emprego e contratación da EPA , que recorrer a esta modalidade no día a día laboral increméntase en tempos de crise, mesturándose as relacións laborais e as non laborais, abusando dos mozos e mozas que, a pesar de terminar a súa formación académica, se ven empuxados a aceptar unha bolsa en substitución dun contrato laboral.
MÁIS DO 16 POR CENTO DAS PERSOAS CON TITULACIÓN UNIVERSITARIA TEÑEN UN CONTRATO EN PRÁCTICAS, DE FORMACIÓN OU SON BOLSEIRAS
Se ben no conxunto do Estado esta situación é preocupante, xa que o 11,76 por cento das persoas que acadaron a súa titulación universitaria no ano 2009/2010, no 2014 a súa situación profesional era ter un contrato en prácticas, de formación ou unha bolsa, en Galicia esta porcentaxe elévase ata o 16,23 por cento.
Aínda que, tras a sentenza do Tribunal Supremo, desde maio de 2013 restableceuse a obriga das empresas de cotizar polas bolseiras e bolseiros que recibisen contrapartida económica, tamén é certo que a cotización é moi escasa e ronda a precariedade, xa que só se cotiza na base mínima por continxencias comúns e profesionais, sen incluír a cotización ao desemprego, Formación Profesional e Fondo de Garantía Salarial. Polo que cando se utiliza un bolseiro ou bolseira para substituír un contrato de traballo, esta actuación non só prexudica ao mozo ou moza, senón a todo o sistema da Seguridade Social.
E todo isto tendo en conta que, segundo un estudo da Comisión Europea, o 61 por cento das persoas que teñen unha bolsa en España non reciben ningunha compensación económica polas súas prácticas. Desde UGT-Galicia cremos que, antes de aumentar a idade de xubilación, deberíanse incluír no sistema de Seguridade Social a todos os bolseiros e bolseiras, así como, a todas as persoas empregadas na economía mergullada. Denunciamos que se deberían de realizar máis actuacións da Inspección de Traballo e cremos firmemente que se debería recorrer aos contratos formativos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103