Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 15 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva agarda que a I Subida a Ponte Caldelas se converta nun núcleo de atracción para o municipio

A carreira discorrerá pola estrada PO-234, que une Laxoso e Augasantas, durante a próxima fin do semana do 20 e 21 de agosto.

[Img #26728]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou a semana pasada, no Pazo Provincial, na presentación da I Subida Automobilística a Ponte Caldelas, que se vai celebrar os vindeiros días 20 e 21 de agosto. No acto tamén estiveron o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz; a presidenta da Escudaría “Buxamotor Poio”, Noemí Blas; o piloto Alexis Vieitez; e o piloto retirado e homenaxeado nesta carreira Alberto González “Camba” co mellor palmarés ata agora na historia do Campionato Galego de Montaña.

 

Carmela Silva aproveitou a presentación para convidar a todas as persoas amantes do automobilismo a acudir a esta cita, que por primeira vez se celebra en Ponte Caldelas, “e que o vai converter nun importante núcleo de atracción, xerando unha importante actividade económica para a zona onde se desenvolve, xa que o mundo do motor apaixona a moita xente”.

 

A Presidenta gabou o traballo do concello de Ponte Caldelas, que loitou arreo para acadar que esta cita automobilística teña lugar por primeira vez no seu territorio. “Precisamente este é o papel que debemos xogar as Administracións, crear espazos e actividades que nos permitan ser referentes e traspasar fronteiras coas nosas iniciativas”, explicou Silva, quen rematou desexando que a deste ano sexa a primeira de moitas subidas máis a Ponte Caldelas.

 

Pola súa banda, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, agradeceu o apoio e colaboración da Deputación para esta iniciativa, que asegurou “vai ser un revulsivo para Ponte Caldelas porque vai encher o noso concello de actividade durante toda a fin de semana. Esperamos que esta sexa a primeira subida de moitas máis e para iso seguiremos traballando”. A presidenta da escudaría “Buxamotor Poio”, Noemí Blas, aproveitou o acto para solicitar a todas as persoas que acudan á Subida máximo respecto ás zonas establecidas pola organización, xa que estarán perfectamente delimitadas as zonas habilitadas para o público e as zonas prohibidas.

 

Así mesmo, o piloto Alexis Vieitez, que encabeza o campionato galego, mostrouse convencido de que a proba será un éxito, xa que o circuíto escollido é rápido, técnico e perfecto para os vehículos. O homenaxeado Alberto González aproveitou o acto para agradecer ao Concello de Ponte Caldelas a deferencia con el ao dedicarlle esta Subida, “xa que é moi especial que aínda se acorden de min despois de case trinta anos retirado das carreiras”.

 

A I Subida Automobilística a Ponte Caldelas terá lugar entre os próximos 20 e 21 de agosto e discorrerá pola estrada PO-234, que une Laxoso con Augasantas. A inscrición aínda está aberta ata o vindeiro xoves 18. No percorrido haberá tres chicanas para evitar o exceso de velocidade, unha ao principio, a segunda fronte á casa da cultura e a última chegando á meta.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.