MOS
Mos contratará en breve o seu servizo municipal de transporte
A contratación poderá realizarse en canto o prego de condicións sexa aprobado en Xunta de Goberno, aprobación que se producirá este mesmo mes.
![[Img #26757]](upload/img/periodico/img_26757.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou esta semana de que dende a administración local mosense estase a ultimar o prego de condicións para a contratación da empresa concesionaria do transporte municipal, para que poidan ser aprobado próximamente en Xunta de Goberno Local. A previsión é que dito prego quede aprobados durante o presente mes de agosto. O período de contratación da empresa concesionaria será dun ano.
A idea de sacar a concesión do servizo por un ano é para ver como funciona e se a demanda dos usuarios é real, e verdadeiramente son moitos os pasaxeiros.
Por outra banda, xa está aprobado pola Comisión de Estudo, o regulamento do servizo, no que se establecen, entre outras directrices de funcionamento, os dereitos e deberes dos usuarios do mesmo, as características que deberán ter os autobuses que presten o servizo, condicións de accesibilidade, etc.
As rutas e horarios deseñados poderán ser modificados pola administración local como considere segundo se vaian perfilando as necesidades do servizo unha vez este bote a andar. Esta posibilidade de modificación ven xa estipulada no regulamento onte tratado pola Comisión de Estudo.
O estudo económico de costes do transporte municipal está estimado nuns 45.000 euros anuais polo departamento municipal de Intervención, aínda que para establecer os costes reais hai que esperar a coñecer o volume real de usuarios do servizo e, en función dos mesmos, os ingresos anuais que lle reportará á empresa concesionaria a prestación do servizo en Mos. Ditos ingresos calculáronse agora en base a unha estimación media de 7.000 euros/ano.
A tarifa establecida para o billete do transporte urbano mosense será a máis simple: 0,85 euros. Será un billete único e os usuarios non terán que volver a pagar durante unha hora aínda que fagan transbordo a outra liña tanto do transporte urbano como do interurbano a outros municipios da Área Metropolitana.
Detalles do servizo de transporte municipal
O proxecto de transporte municipal presentado polo Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do Transporte Metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións. Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia veciñal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén.
Sobre este Plan de Transporte Municipal Arévalo explicou que constará dun autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da área.
Ademais de comunicar as 10 parroquias entre sí esta liña comunica a tódalas parroquias mosenses coas zonas de intercambio co Transporte Metropolitano que une Mos coas demais localidades da Área Metropolitana.
Neste sentido, Arévalo destacou a importancia deste plan que conectará as parroquias sen servizo coas paradas do Transporte Metropolitano, garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129