GALICIA
A Policía Autonómica investiga ao presunto autor dun incendio forestal no concello ourensán de Boborás
Durante este ano, os axentes autonómicos investigaron un total de 41 persoas por delitos relacionados con incendios no monte galego.
Axentes da Policía Autonómica de Ourense informan da investigación dun home como presunto autor dun incendio forestal no concello de Boborás, Ourense.
O lume que se lle imputa tivo lugar o pasado 6 de agosto na parroquia de Pazos de Arenteiro e afectou unha superficie de 2.000 metros cadrados de superficie arborada e rasa. A orixe do incendio foi o lanzamento de artefactos pirotécnicos de xeito neglixente.
Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución, en funcións de garda, do Carballiño. Na actual campaña antiincendios, a Policía Autonómica xa leva 41 persoas investigadas ou detidas por delitos relacionados con incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180