Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 15 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
Nigrán

A Xunta restablec a normalidade da parada do autobús metropolitano da liña A Guarda-Vigo-A Guarda no Instituto Mañufe

A regularidade das liñas que pasan pola parada no Instituto Mañufe das liñas 18 e 19 xa está a funcionar de maneira correcta.

A consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, regularizou a parada do autobús metropolitano da liña A Guarda-Vigo-A Guarda no Instituto Mañufe da localidade pontevedresa de Nigrán, polo que hoxe mesmo xa está en funcionamento. Desde este momento, o Executivo autonómico inclúe a parada no Plan de Transporte Metropolitano.

 

 

 

 

Esta corrección levouse a cabo tan pronto os técnicos da Dirección Xeral de Mobilidade comprobaron o erro de ubicación da mesma, situándoa no Concello de Nigrán

 

 

 

 

Tras as solicitudes dos usuarios desta liña, relativas a dita parada, a Xunta comprobou que existía un erro na ubicación da mesma e que a parada pertence ao Concello de Nigrán, non a Gondomar, tal como foi considerada nun principio.


 
Así, os inspectores da dirección xeral de Mobilidade certificaron a localización física de dita parada e tendo en conta o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedeuse á corrección de oficio deste erro, que afectaba ás liñas 18 e 19.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.