Galicia
Permanecen controlados os lumes de Porto do Son, Arbo e Crecente
![[Img #26778]](upload/img/periodico/img_26778.jpg)
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10:00 horas de hoxe.
Lumes activos
Pobra de Trives, Navea
Ás 18:24 comezaba un lume no concello ourensán de Pobra de Trives, parroquia de Navea, do que tiveron que ser evacuados dous operarios, un deles por inhalación de fume e outro por un golpe nun xeonllo a causa dun accidente mentres conducía unha motobomba. Ambos foron inicialmente trasladados ao hospital de O Barco de Valdeorras e xa foron dados de alta.
Neste lume permanece decretada a “Situación 2”, como medida preventiva, pola proximidade ao núcleo do Seixo, onde unha vivenda foi afectada polo lume, sen que se rexistraran danos persoais.
Neste lume complicáronse as tarefas de extinción por unha treboada con aparello eléctrico e bruscos cambios do vento, que obrigou a retirarse aos medios aéreos, sendo tamén moi difícil o trabalo en terra polo escarpado do terreo.
Segundo as primeiras estimacións están afectadas polo incendio arredor de 150 hectáreas e levan traballado na súa extinción 2 técnicos, 7 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.
Melón, Quins
Dende as 23:20 horas de onte domingo está activo un lume no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 50 hectáreas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 5 axentes, 17 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.
Cervantes, San Tomé
Está activo desde as 21:05 horas de onte un lume no concello lugués de Cervantes, que afecta, segundo estimacións provisionais, unha superficie dunhas 30 hectáreas. Na súa extinción traballan 5 axentes, 12 brigadas e 8 motobombas.
Lumes controlados
Cualedro, San Millao
Desde as 03:13 horas desta madrugada está controlado o lume no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao, que entrouu en Galicia dende Portugal. Segundo as últimas estimacións provisionais afectou unha superficie de 450 hectáreas. No seu control traballaron 3 técnicos, 15 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 5 avións.
Porto do Son (parroquias de Xuño e Caamaño)
Permanece controlado desde as 21:47 horas do sábado o incendio iniciado o pasado mércores ás 16:45 horas no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, e que afectou tamén ás de Xuño e Caamaño. A zona afectada da parroquia de Baroña xa está extinguido.
Segundo as últimas estimacións, a superficie alcanzada entre as tres parroquias é dunhas 1.000 hectáreas. No lugar levan traballado 4 técnicos, 54 axentes, 118 brigadas, 55 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Arbo, Mouretán
Declarouse controlado ás 14:10 horas o lume do concello de Arbo, parroquia de Mourentán. O incendio comezaba o mércores ás 20:23 horas e segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 1.583 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 13 axentes, 56 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 8 helicópteros e 6 avións.
Crecente, Albeos
Ás 14:10 horas do sábado tamén se deu por controlado o lume de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou o pasado mércores. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 300 hectáreas. Participaron no seu control 1 técnico, 13 axentes, 35 brigadas, 32 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.
Lumes extinguidos
Sarreaus, Sarreaus
Extinguido desde as 01:20 horas desta madrugada un lume no concello ourensán de Sarreaus, parroquia homónima, que comezaba ás 13:15 horas do domingo. O lume non superou as 20 hectáreas (segundo últimas estimacións afectou unhas 12, todas elas de monte raso) pero del tiveron que ser evacuados ao hospital de Ourense tres brigadistas por inhalación de fume. Dous deles están xa dados de alta e o terceiro permanecerá 24 horas en observación antes de recibir a alta médica. Traballaron na extinción deste incendio 4 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 7 avións.
Santiago, Fecha
Extinguido desde as as 20:44 horas de onte o lume rexistrado en Santiago, parroquia de Fecha. O incendio iniciouse ás 12:25 horas do mércores e segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 800 hectáreas. No lugar traballaron 2 técnicos, 17 axentes, 43 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Vilardevós, Soutochao
Desde as 19:42 horas de onte domingo está extinguido o lume rexistrado no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Soutochao. Segundo estimacións provisionais afectou 54 hectáreas. Traballaron na súa extinción 1 técnico, 3 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas, 5 helicópteros e 4 avións.
Baralla, Neira de Rei
Está extinguido ende as 02:00 horas o lume do concello lugués de Baralla, parroquia de Neira de Rei, que segundo estimacións provisionais afectou 54 hectáreas, 40 de arborado e 14 de raso. O lume comezaba ás 14:09 horas do sábado e traballaron na súa extinción 1 técnico, 10 axentes, 27 brigadas,15 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22