Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 17 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta adxudica dúas vivendas en Vigo e A Guarda, en réxime de alugueiro, a familias con dificultades socioeconómicas

A Consellería de Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda, multiplicando os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante programas como o Bono de Alugueiro social.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, adxudica dúas vivendas nas cidades de Vigo e A Guarda a dúas familias que se atopan nunha complicada situación socioeconómica.

 

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou os casos e propuxo a adxudicación directa destas vivenda, en réxime de alugueiro. Os citados inmobles foron cedidos ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) por parte da SAREB e ABANCA.

 

O Goberno galego avanza deste xeito no cumprimento do Plan rehaVita, que está a reforzar as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas.

 

Estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.