Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 19 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
BAIONA

O Plan Concellos 2016 chega ao 100% de concesións en Baiona cunha última contía para melloras na rede de saneamento

Os investimentos totais do plan provincial neste municipio do Val Miñor foron de 876.386,49 €.

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar unha achega económica de 261.211,99 € para o concello de Baiona, que se destinará á rede de saneamento en diferentes zonas do municipio. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016, que con esta achega queda completado ao 100% neste municipio do Val Miñor, cuns investimentos totais de 876.386,49 €.

 

Esta partida vén sumarse a outras xa aprobadas para Baiona dentro da liña 1, por un importe total de 385.123,05 €, para subministración de colectores e  dun vehículo destinado á recollida de lixo e outras actuacións. Na liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- achegáronse 32.864,49 € para a Festa da Arribada, así como outros 197.186,96 € para a contratación de 26 traballadores e traballadoras municipais, ao abeiro da liña 4  dedicada á promoción de emprego.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.