Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 19 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Remata o curso de graffiti celebrado na Guarda dentro do programa Depo RúARTE coa entrega de diplomas

[Img #26856]

 

Todo o bo chega á súa fin. Tras dúas semanas nas que os participantes do curso adornaron cos seus graffitis o muro da praia de Fedorento, este luns día concluíu o curso de graffiti organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración con Concello da Guarda, dentro do programa Depo RúARTE.
 

Ao acto de clausura que tivo lugar na propia praia de Fedorento acudiron as concelleiras de Turismo e Xuventude do Concello da Guarda, Montse Magallanes e Elena Baz, e tamén a deputada provincial de Xuventude, Digna Rosa Rivas, que xa presenciaran a inauguración do mesmo. Nesta última xornada do curso puideron comprobar o resultado final de todo o traballo realizado e as técnicas aprendidas. Ademais intercambiaron impresións cos participantes para saber que lles parecera a experiencia e lles fixeron entrega dun diploma.
 

As autoridades presentes tamén quixeron destacar a importancia de que a mocidade se implique na vida cultural da vila e aseguraron que dende a Deputación e o Concello seguirán a promover este tipo de actividades, e continuará ofrecendo posibilidades para plasmar a súa arte en forma de graffiti noutros recunchos da Guarda.
 

Dentro desta implicación por impulsar actividades entre a xuventude nas próximas semanas dará comezo un novo curso dentro de Depo RúARTE, nesta ocasión de temática funky. O curso empeza o 29 de agosto e todos os que o desexen poden inscribirse achegándose ao Rexistro do Concello da Guarda ata o día 19 de agosto en horario de 8 a 14 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.