A GUARDA
Francisco, o avó de Camposancos, celebrou o seu centenario
![[Img #26857]](upload/img/periodico/img_26857.jpg)
Francisco Carrera Carrera, máis coñecido entre os seus veciños e veciñas da Guarda como “Francisquiño”, celebrou o pasado sábado día 13 de agosto un día moi especial, o seu 100º aniversario. Coincidindo co sábado do Monte e coa fin de semana grande da Guarda, que acolle as Festas do Monte, un dos veciños máis lonxevos da vila festexou a destacada data do seu centenario.
Nesta celebración, ademais de estar rodeado da súa familia, tamén recibiu unha homenaxe do concello. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a Concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente, quixeron acudir a dar os parabéns e un pequeno agasallo a este veciño por acadar os 100 anos de idade.
Nos intres de distendida tertulia que intercambiou co alcalde e coa concelleira Francisco mostrouse moi animado e contento por ter acadado esta fazaña. Pero con ganas de máis. Prometeu intentar chegar ata os 120 “polo menos”. E coa saúde, a forza de vontade e o ánimo que amosou non cabe dúbida que a este veciño da Guarda aínda lle quedan historias por vivir e contar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149