SALCEDA DE CASELAS
Sae a concurso o servizo de cafetería do Centro Social A Devesa
![[Img #26861]](upload/img/periodico/img_26861.jpg)
A Xunta de Goberno Local de Salceda de Caselas aprobou o expediente de adxudicación da concesión demanial para a explotación da cafetería do Centro Social A Devesa. A xestión da cafetería adxudicarase por un periodo de seis anos. Tras a aprobación dos pregos, haberá que esperar ata a súa publicación no BOP, e será entón cando se abra o prazo de vinte días para que os e as interesados/as poidan presentar as súas ofertas.
O Centro Social da Devesa, ubicado na rúa Vigo, acolle diversas actividades de ocio ao longo de todo ano (coro, teatro, zumba, ioga, guitarra…), ademáis de iniciativas de índole social, como o Programa de Respiro Familiar para os enfermos/as de Alzheimer. Así mesmo, serve de sede para asociacións sociais como a de Mulleres Rurais ou a de Xubilados e Pensionistas. Toda esta actividade garante unha presenza continua de usuarios/as no edificio, polo que o servizo de cafetería do mesmo resulta de gran importancia, e así o levan demandado diversos colectivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149