Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 19 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos investirá preto de 17.000 euros na restauración do Cruceiro dos Cabaleiros

Trátase do Cruceiro do Santísimo Cristo da Victoria nos Cabaleiros, datado de 1612, protexido por Patrimonio e situado en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

[Img #26885]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou esta semana de que o Concello xa ten finalizado o proxecto técnico de restauración do Cristo da Victoria, situado nos Cabaleiros, parroquia de Mos, en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela e protexido por Patrimonio por datar de 1612. A primeira escritura na que figura o cruceiro é do ano 1673.


O proxecto de restauración, cun orzamento total de obra que ascende a 16.348,90 euros, consistirá en eliminar líquenes e contras (mediante diferentes técnicas de limpeza e aplicación de biocidas), eliminar o encintado de cemento e policromía sintética actuáis, eliminación das intervencións pouco adecuadas como: o repintado, a colocación de valo metálico, a estrutura metálica para luces na parte superior e o amaño da contorna.


A restauración de todo o conxunto, coa eliminación de pintura, estrutura superior e pechado, ademais de cubrir con pedra a zona do primeiro chanzo, cambiar a liña que vai por encima, e as hornacinas para as velas, ten un orzamento aproximado duns 10.000 euros, ós que hai que sumarlles unha inversión duns 7.000 euros para a acometida do soterramento da liña eléctrica que afea o ben. En total adicaranse os preto de 17.000 euros arriba indicados á optimización do Cruceiro dos Cabaleiros.


O cruceiro, que está catalogado e protexido por ser Patrimonio Cultural de Galicia, data do ano de 1612. A súa medida total é de 5,80 metros de altura aproximadamente.  Atópase colocado nun cruce de camiños por onde transcorre o Camiño de Santiago Portugués e, neste sentido, Nidia Arévalo destacou que “ademais de que a restauración deste singular elemento patrimonial da parroquia de Mos era unha importante demanda veciñal, o interese por parte da administración local de rehabilítalo e mellorar o seu estado e aspecto ven dado tamén polo gran interese deste Concello na posta en valor do Camiño ó seu paso por Mos, xa que é un dos nosos principais e máis relevantes recursos turísticos, patrimoniais e históricos”, explicou a alcaldesa mosense.


Para a restauración deste cruceiro a Deputación de Pontevedra ven de conceder unha subvención de 10.851,55 euros. Os traballos de recuperación deberán estar rematados antes do 30 de xuño de 2017.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.