Galicia
Aberto o prazo de inscricións para a party informática Xuventude Galicia Net 2016
Celebrarase do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA
A party informática Xuventude Galicia Net (XGN), que celebra a súa décimo sexta edición do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, xa ten aberto o prazo de inscricións para participar na súa zona Intranet. Este pecharase o día 5 de setembro ás 12 do mediodía. O prezo da entrada será de 20 euros e poderase comprar directamente na web entradas.abanca.com ou ben a través da páxina da XGN, www.xuventudegalicia.net.
A XGN 2016 contará, por unha parte, con esta zona Intranet, orientada a inscritos, os cales disporán durante tres días dun posto con conexión de altas prestacións para o seu equipo informático e poderán acampar dentro do pavillón, así como participar en numerosas actividades e torneos exclusivos. Por outra banda, incluirá unha zona Extranet, a cal terá un completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que acudan ao recinto.
Esta party informática, impulsado pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, volverá a contar ademais cun pequeno espazo expositivo complementario no que se amosarán tanto produtos relacionados coa informática e o ocio electrónico como pezas de artesanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22