CULTURA
A curtametraxe galega "Montañas ardientes que vomitan fuego" terá a súa estrea no prestixioso Toronto Internacional Film Festival (TIFF)
O NOVO PROXECTO DE HELENA GIRÓN E SAMUEL M. DELGADO DESPEGA NO TORONTO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL E SEGUE O SEU PERCORRIDO NO NEW YORK FILM FESTIVAL.
![[Img #26962]](upload/img/periodico/img_26962.jpg)
A curtametraxe “Montañas ardientes que vomitan fuego” realizada pola compostelana Helena Girón e o tinerfeño Samuel M. Delgado, terá a súa estrea mundial no Toronto International Film Festival (TIFF) e seguirá o seu percorrido no prestixioso New York Film Festival a principios de outubro.
Partindo das teorías do científico do S.XVII Athanasius Kircher, segundo as cales os volcáns estaban interconectados entre si creando unha rede de vasos comunicantes a través do interior da terra, a película xera unha viaxe temporal a través do tubo volcánico da Coroa, na illa de de Lanzarote. Nesa viaxe que crea unha experiencia inmersiva a través dun tubo volcánico, conviven elementos de distintos tempos e espazos vinculados á cultura soterrada de Canarias que resisten ante unha ameaza que se aproxima á illa.
O festival canadense, que acollerá a estrea mundial deste traballo, está considerado como o segundo festival máis importante do mundo despois do festival de Cannes. Trátase da segunda vez que os cineastas visitan este festival tras acudir o ano pasado co seu anterior traballo, “Sin Dios ni Santa María”, gañador do premio Galicia e o premio do público no Curtocircuíto Internacional Film Festival de Compostela.
A programación que acollerá esta primeira proxección, chamada Wavelenghts en honra ao cineasta canadense Michael Snow e comisariada por Andréa Picard, está considerada como a referencia dentro do cine de autor e experimental a nivel mundial.
Por outra banda, seguirá o seu percorrido no prestixioso New York Film Festival dentro da sección Projections, outra das máis importantes referencias a nivel internacional do cinema vangardista. Éste terá lugar a principios de outubro no Lincoln Center.
A cinta conta co deseño sonoro de Juan Carlos Blancas, composto integramente por gravacións realizadas na illa e está filmada con negativo caducado de 16mm revelado artesanalmente, unha técnica moi complexa e laboriosa que os cineastas xa empregaran no seu anterior traballo. Pero “Montañas ardientes que vomitan fuego” expón unha viaxe no tempo, un percorrido a través da cuarta dimensión, e por iso aposta pola mestura de formatos conxugando o uso do celuloide, coa imaxe dixital en 4K e as fotografías de arquivo que forman parte do Arquivo de Fotografía Histórica de Canarias FEDAC do Cabildo das Palmas.
Enlace ao tráiler: https://vimeo.com/177069644
Web: www.labandanegra.net

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85