Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 23 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A deputada de Deportes da a benvida á última quenda dos campamentos deportivos de Príncipe Felipe

[Img #26964]

 

A deputada de Deportes, Chelo Besada, recibiu hoxe nas instalacións de Príncipe Felipe aos rapaces e rapazas que compoñen a última quenda dos campamentos polideportivos que durante todo o verán celebráronse nas  instalacións do centro.


Besada recordou que ate o próximo sábado os cincuenta rapaces e rapazas poderán participar en todas as actividades deportivas de Príncipe Felipe sempre baixo a atenta mirada dos monitores que os acompañan. Precisamente nese extremo incidiu a deputada e o director do campamento ante os pais e nais para tranquilizalos sobre a participación dos seus fillos e fillas neste campamento.


Estes cincuenta nenos e nenas desenvolven  actividades relacionadas coa natureza, deporte, aire libre, xogos, xogos de sala, arte, parque multiaventura,  deportes en equipo, actividades acuáticas, obradoiros… Todas elas co obxectivo de ensinar ás mozas e mozos a desenvolverse nun medio non habitual, potenciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico e fomentando tamén o respecto polo medio ambiente e a conservación da natureza.


As 300 nenas e nenos se aloxan en réxime de pensión completa e estarán atendidas e atendidos por un equipo técnico formado por persoal especializado. Ademais, a institución provincial aportará todo o material necesario para o desenvolvemento das actividades.


Como actividades máis dinámicas destaca a única saída que os nenos e nenas realizan ao exterior é ao ecoparque de Marín, onde poden desfrutar de xogos como a tirolina.  Este ano ademais dos deportes habituais, como minibasket ou balonmán, incluíuse o “lacrosse”, que está a ter  unha gran aceptación entre os rapaces e rapazas. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.