GALICIA
Feijóo traslada en nome do Goberno galego e de Galicia a felicitación e o recoñecemento aos deportistas olímpicos
Destaca o afán de superación, o esforzo e a constancia que os caracteriza e refírese a todos eles como o maior expoñente da marca Galicia.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou esta semana, en nome do Goberno galego e de Galicia, a felicitación e o recoñecemento aos deportistas olímpicos galegos polos éxitos acadados en Río 2016. “Detrás dos nomes de Alessandra Aguilar, Frank Casañas, Jean Marie Okutu, María Bernabeu, María Vilas, Teresa Portela, Rodrigo Germade, Óscar Carrera, Cristian Toro, Ana Vanesa Rial, Paula Medín, Miguel Alvariño, Fernando Alarza, Támara Echegoyen, Iago López e Fernando Echávarri está unha terra que vos admira e apoia e que hoxe vos recibe con orgullo”, aseverou.
Feijóo destacou o afán de superación, o esforzo e a constancia que os caracteriza e referiuse a todos eles como o maior expoñente da marca Galicia. “Cunha medalla de ouro e 8 diplomas ensinades ao mundo que Galicia está en mellor forma ca nunca. E sodes tamén un exemplo a seguir para todos os galegos, para seguir construíndo Galicia”.
“Cunha medalla de ouro e 8 diplomas ensinades ao mundo que Galicia está en mellor forma ca nunca. E sodes tamén un exemplo a seguir para todos os galegos, para seguir construíndo Galicia”, di
Logo de ter tamén palabras de recoñecemento para os adestradores, as federacións e equipos, o responsable autonómico incidiu en que a Comunidade contou en Río con 16 deportistas, catro máis que nos Xogos de Londres.
O titular da Xunta concluíu afirmando que os resultados acadados proban unha vez máis que Galicia é unha terra que leva o deporte polo mundo, pero que tamén é unha terra que o acolle con fervor, como se está demostrando nas primeiras etapas de La Vuelta; “un acontecemento internacional que está a dar a coñecer Galicia en todo o mundo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213