Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 26 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O programa lúdico-deportivo Mos no Verán acada excelentes cifras de participación

A iniciativa atópase na súa recta final, xa que as clases rematarán neste mes de agosto.

[Img #27003]

 

Os concelleiros mosenses Alberto Méndez e Julia Loureiro achegáronse onte pola tarde ata o Parque de Sanguiñeda onde se celebran as clases de pilates do programa Mos no Verán para constatar o índice de afluencia e de satisfacción dos usuarios participantes nas mesmas. Méndez e Loureiro puideron comprobar como entre os preto de 30 participantes na sesión de pilates había homes e mulleres dun variado rango de idades e todos coincidían en destacar o agradable de realizar estas clases ó aire libre en un entorno tan fermoso e apacible como é esta área de lecer en Sanguiñeda.

 

O Concello de Mos puxo en marcha este verán o innovador e pioneiro programa Mos no Verán, unha alternativa de ocio deportivo dirixida a toda a poboación que se desenvolveu proporcionando ós veciños a posibilidade de seguir gozando de actividades que xeralmente se paralizaban con motivo da época estival. Dentro deste programa impartíronse clases de pilates, zumba e saídas organizadas de sendeirismo polo Paseo do Río Louro.

 

Deste xeito, os veciños do municipio puideron seguir mantendo unha vida activa, participando en diversas actividades deportivas repartidas por diferentes puntos do municipio.

 

As actividades están dirixidas por monitores especializados, e teñen lugar ó aire libre en diferentes puntos do Concello, achegándose así a todo o municipio e poboación. O pilates impártese no Parque de Sanguiñeda, zumba nas pistas deportivas de San Rafael en Pereiras e o sendeirismo polo Paseo do Louro, na parroquia de Mos. En total participan unha 60 persoas entre as tres actividades, sendo a de pilates a máis concorrida e exitosa.

 

A actividade de sendeirismo consiste en andainas  polo Sendeiro do Río Louro todos os martes e xoves ás 9:30 horas da mañá, rematando no Parque Biosaudable da Pateira, onde se finaliza cun adestramento nos aparellos que se poden encontrar no mesmo: bicicletas, steps, equipos de coordinación, etc.

 

As clases de zumba impártense na pista de San Rafael os luns e mércores de 20:45 horas a 21:45 horas.

 

E os martes e xoves no mesmo horario no Parque de Sanguiñeda realízase pilates, nun entorno idílico para relaxarse vendo como o sol vai deixando paso á noite. Os horarios tanto de pilates como de zumba están pensados para permitir conciliar a vida laboral e familiar coa práctica deportiva.

 

Todas as propostas descritas foron de balde, sen necesidade de inscribirse previamente. O único requisito era ter ganas de continuar coa vida activa e saudable durante a tempada estival.


Excursións

O programa Mos no Verán, centrado fundamentalmente nas actividades deportivas anteriormente descritas, contempla e inclúe tamén saídas turísticas e lúdicas. Concretamente trátanse de dúas excursións, unha a Amarante para tódolos públicos e outra a O Grove e Illa de Sálvora para os maiores do municipio.

 

A excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), realizarase o vindeiro 4 de setembro. O prazo de inscrición nesta actividade abriuse o pasado luns 22 de agosto e rematará o 26 deste mesmo mes. A tan só tres días da apertura do prazo de inscrición xa se superaron as expectativas fixadas nun máximo de 52 prazas ofertadas, que foron ampliadas ó dobre, 104, dada a grandísima demanda existente. As inscricións pódense facer no Rexistro Xeral do Concello de Mos en horario de 09.00 horas a 14.00 horas e os interesados en obter máis información sobre esta excursión poden chamar ó número de teléfono da OMIX 986 33 94 04.

 

O prezo da viaxe é de 8 euros para nenos de 5 a 11 anos de idade e adultos maiores de 65, e de 15,50 euros para o resto de persoas de 12 a 64 anos. A partida da viaxe o día 4 de setembro farase ás 09.30 horas da mañá e o regreso será ás 21.00 horas.

 

Por outra banda a excursión a O Grove e Illa de Sálvora programada para o 17 de setembro vai dirixida a maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55. O prezo da mesma será de 25 euros para os empadroados no Concello de Mos e 30 euros para os non empadroados. As inscricións deberán realizarse do 1 ó 12 de setembro no Rexistro Xeral do Concello. O propio día da viaxe a saída realizarase ás 9.15 horas da mañá e a chegada a Mos está prevista para as 20.30 horas. Os interesados en obter máis información poden chamar ó teléfono 986 33 94 04.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.