Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 29 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno de Ponteareas replica a oposición sobre a xestión económica do Concello

Aseguran que "Ponteareas cumpre os obxectivos de estabilidade orzamentaria e a débeda viva do Concello de Ponteareas diminuiu en 2.209.000 euros en 2015"

O goberno local replicou aos grupos da oposición polo rexeite da modificación orzamentaria no Pleno e as críticas pola xestión económica do Concello. “O Orzamento de 2016 é unha previsión para todo o ano aínda que coa tramitación correspondente entrou en vigor o pasado 8 de xullo. Neste momento xa sabemos que hai partidas que non se van utilizar na cuantía prevista como unha de intereses que agora propomos rebaixar en 50.000 euros e aproveitar esta importe para actividades culturais e festivas. Por outra parte hai facturas de traballos de 2015, por importe de algo máis de 44.000 euros, que os provedores presentaron ao cobro en 2016. Ao estar en 2015 con un orzamento prorrogado non se puido facer o correspondente traspaso de un ano para o outro, e agora temos que recoñecer estas facturas para poder pagalas, como é o lóxico. Cambios que manteñen o equilibrio económico do orzamento”, afirmou o concelleiro de facenda, Francisco Alonso.


Alonso lémbralle a anterior concelleira de Facenda, Belén Villar que quen ocultou facturas foron os gobernos do PP como se puxo de manifesto no Plan de Pagos a Provedores que aínda se seguen pagando co embargo do Estado, “Facturas por máis de oito millóns de euros, todo un armario de facturas impagadas, iso sí foi esconder facturas durante anos”.


Dende o Goberno Municipal indícase que co incremento proposto para actividades culturais e festivas estas partidas quedarían aínda moi por debaixo do destinado nos últimos anos polo anterior goberno e lembraron que o actual goberno realiza unha programación cultural e de lecer ao longo de todo o ano, programación para todos os públicos e que tamén resulta positiva para a actividade comercial e hostalería.


 
Cumpre os obxectivos

Por outra parte, o concelleiro de Facenda afirmou que Ponteareas cumpre os obxectivos de estabilidade orzamentaria, segundo recolle o Ministerio de Facenda na súa web relativa ao financiamento das Corporación locais  (http://www.minhap.gob.es/es-ES/Areas%20Tematicas/Administracion%20Electronica/OVEELL/Paginas/OVEntidadesLocales.aspx#Novedades).


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.