O PORRIÑO
O Concello do Porriño inicia obras de dotación de beirarrúas en Pontellas
![[Img #27028]](upload/img/periodico/img_27028.jpg)
As obras para dotar de beirarrúas o tramo comprendido entre Maderas Iglesias e San Campio, en Pontellas, deron comezo esta mañá. “Trátase dun proxecto moi necesario para garantir a seguridade viaria dos peóns, tanto dos veciños como dos numerosos peregrinos que transitan por esta zona”, destacou o Alcalde Accidental e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera.
O proxecto inclúe a dotación de beirarrúas continua antideslizante, sistemas de drenaxe e iluminación nun tramo de 2 kms. “Esta beirarrúa enlaza coa xa existente desde Torneiros ata a saída do Paseo do Louro na rotonda de Riego”, explica Carrera. “O noso obxectivo é urbanizar, humanizar e mellorar os servizos do polígono de Torneiros e da súa contorna”. De feito, fai un par de semanas arrincaron as obras de construción dunha rotonda no acceso á Fase III en Torneiros, “unha zona cunha gran densidade de tráfico debido á localización no mesmo barrio de vivendas, instituto, servizos de emprego, centros tecnolóxicos e empresas”.
As obras, que se van prolongar durante tres meses, teñen un orzamento de 210.501,04 € e foron financiadas pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2016.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101