Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 30 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O programa “Depo Ruarte” achega en setembro máis de 20 actividades para mozos e mozas da provincia

Deputación ten en marcha este pioneiro programa de dinamización xuvenil para achegar propostas de lecer que atendan as demandas actuais da mocidade.

[Img #27035]

 

Durante a primeira quincena de setembro, o programa “Depo Ruarte”, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai desenvolver máis de 20 actividades en outros tantos concellos da provincia para mozos e mozas. Trátase de propostas de lecer que atenden as demandas actuais da xuventude, servindo ademais de espazos de encontro e intercambio de experiencia para todos e todas as participantes.

 

En Campo Lameiro vaise desenvolver o curso “Curtametraxes co móbil”; en Catoira “A Cociña da Avoa”; en Cotobade “Cociña en Verde”; en Covelo “Graffiti”, ao igual que en Cuntis; en Fornelos de Montes “Curtametraxes co móbil”; no Grove “Monólogos na rúa”; en Lalín “Graffiti”; en Meaño “Coctelería e batidos sen alcohol”; nas Neves “Sobre rodas”; en Nigrán “Graffiti”; en Pazos de Borbén “Coctelería e batidos sen alcohol”; en Ponte Caldelas “O mundo no prato”; no Porriño “Graffiti”; en Rodeiro “O mundo no prato”; no Rosal “Coctelería e batidos sen alcohol”; en Salceda de Caselas “O teu corpo: un instrumento”; en Sanxenxo “Curtametraxes co móbil”, ao igual que en Soutomaior; en Vila de Cruces “Coctelería e batidos sen alcohol”; en Vilaboa “Hip-hop”; e por último, en Vilagarcía de Arousa “A cociña da avoa”.

 

Os mozos e mozas, de entre 14 e 30 anos, interesados en algunha destas actividades deben inscribirse no concello correspondente, podendo facelo aínda que non estean empadronados. No caso de quedaren prazas libres, tamén se poderán anotar persoas de fóra dese rango de idade.

 

As actividades ofertadas en “Depo Ruarte” agrúpanse en cinco bloques temáticos, acordes coas preferencias e gustos da mocidade actual. Trátase de MusicArte, RuArte, UrbanArte, CreArte e CociñArte. Dende o pasado mes de xuño e ata mediados de setembro, mozos e mozas da provincia poden participar, por exemplo, en actividades como graffiti, monopatín,, break dance, cociña de doces,  funky ou monopatín. “Depo Ruarte” é un programa de dinamización xuvenil para achegar actividades de lecer que atendan as demandas da xuventude actual, ofrecéndolles ademais así espazos de encontro e intercambio de experiencias para a xuventude. A Deputación inviste nesta iniciativa 98.570 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.