O PORRIÑO
O Goberno local do Porriño instalará cámaras na zona peonil logo dos actos de vandalismo contra os sinais
![[Img #27040]](upload/img/periodico/img_27040.jpg)
O Goberno local do Porriño colocará cámaras de vixianza no centro peonil da vila logo de que os sinais, nos que se indica que está prohibido o uso de patíns, balóns e bicicletas nesta parte da vila, aparecesen tapados con pintadas.
A alcaldesa lembrou que foi este goberno quen fixo cumprir unha ordenanza municipal, aprobada por outra Corporación, na que se establecía que na ‘peonil’ do Porriño non se podía circular a velocidade con bicicletas e patíns e tampouco xogar á pelota.
Estas prohibicións, subliña Eva García de la Torre, “foron un clamor dos comerciantes e dos veciños” que reclamaban poder camiñar, mercar, sentarse na terraza dunha cafetería ou gozar con tranquilidade do tempo de lecer no centro do Porriño, “sen ter que temer o atropelo por parte dunha bicicleta ou que se rompese un escaparate dun balonazo”.
Nos vindeiros días o Concello reparará os sinais, ben facendo unha limpeza dos mesmos, se é posible, ben colocando unha placa de vinilo para que os mesmos sexan visíbeis de novo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101