Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 30 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Despedida e homenaxe aos nenos e nenas saharauís

[Img #27046]

 

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social, Rocío Cambra, organizou unha celebración para despedir e homenaxear aos nenos e nenas saharauís que pasaron as vacacións no Val Miñor.


Son máis de dez anos que Gondomar apoia institucionalmente o programa solidario e educativo Vacacións en Paz. Este ano á celebración oficial na que participaron as familias acolledoras, á delegación saharaui en Galicia e o goberno gondomareño cos concelleiros Rocío Cambra e o Xosé Antón Araúxo, contou tamén coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos IEM.


Os actos comezaron no IEM coa lectura de narracións de tradición oral con nenos de Galicia e do Sahara, entrega de agasallos polo IEM con libros para as nenas e nenos, agradecementos e vontade de seguir colaborando as asociacións no ámbito cultural de intercambio enriquecemento mutuo.


Na jaima saharauís, instalada no Parque da Coelleira, continuaron os actos con palabras da delegación saharaui, de Sogaps e dos concelleiros do goberno antes citados. Serviuse te na jaima aos asistentes, proxectouse unha película sobre á vida nos campamentos de refuxiados onde viven os nenos e logo unha merenda para os críos mentres na jaima se continuaba servindo o té aos amigos/as asistentes de Gondomar e Val Miñor.


Un acto entrañable que etiqueta á Gondomar como vila solidaria e humanitaria e que as familias saharauís que reciben aos nenos o día sete do mes próximo gardarán agradecidos na súa memoria pola testemuña agarimosa destes nenos e nenas que nunca esquecen o bo trato dos pobos con tenrura.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.