Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 01 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Tui volve esta fin de semana á época medieval co Festival Arraianos

Mercado medieval, gastronomía, espectáculos históricos, ... forma parte do amplo programa a celebrar de venres a domingo

[Img #27048]

 

Tui regresará esta fin de semana á época medieval coa primeira edición do Festival Arraianos. Dende a Porta da Pía ata a praza de Fromista pasando polas prazas de San Fernando, a Misericordia e San Telmo haberá ambientación medieval, mercado, gastronomía, animación de rúa, espectáculos e recreacións históricas...que comezarán o venres pola mañá e rematarán o domingo a última hora. A entrada é gratuíta aínda que algunhas actividades son de pago.


O festival foi presentado este mediodía na casa do concello de Tui polo alcalde en funcións e concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, a concelleira de Cultura, María José González, a directora de Arraianos, Andrea Costa, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.


[Img #27047]Miguel Capón, alcalde en funcións e concelleiro da Eurocidade, salientou que este é un evento apoiado por todo o equipo de goberno, agardando que se institucionalice a súa celebración pola relación que ten a cidade de Tui co medievo e que será realzada con esta actividade.


María José González, concelleira de Ensino e Cultura, explicou que Arraianos non é só un festival senón que abarca moitos eventos dende conferencias históricas, a espectáculos, postos de artesanía e gastronomía, un rastrexo, banquetes, deporte... no que agardan se dean cita miles de persoas esta fin de semana na cidade.


Andrea Costa, directora de Arraianos detallou o amplo programa a realizar que comezará o venres ás 10h cun paseo de personaxes medievais dende a Glorieta de Vigo ata a Catedral.  Durante os tres días, venres, sábado e domingo, ás 11h comezara a animación musical e abrirá o mercado medieval que continuarán ao longo da xornada. Cada xornada ás 19h na praza de Fromista abrirase a zona “Receitas de Poniente” con tapas inspiradas na serie Xogos de Tronos.


O venres a Aula da UNED no antigo convento de San Domingos acollerá distintas conferencias sobre Tui na época medieval no que intervirán entre outros os historiadores tudenses Marta Cendón e Suso Vila.


A praza de San Fernando acollerá recreacións históricas teatralizadas da “Tentativa de invasión portuguesa” e do “Tratado de Tui” o venres ás 19h, ou “Liza”, un combate medieval, o domingo ás 21.15h. Amais haberá espectáculos de danza a cargo da Escola de Danza Paula Cobián o venres ás 23h “Aquelarre” e o domingo ás 12.30h “Campesiñas” e ás 20h “Peregrinos”. Pero tamén se celebrará o venres ás 00.30h o espectáculo de lendas, lume e bruxería “Noite das Coruxas” e o sábado ás 23h “Noite dos Cruceiros”.  O sábado á noite haberá un particular rastrexo, o Survival Zombie para o que as entradas están á venda ao prezo de 25€ en Game Over e Libreiría Nobel.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.