Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 04 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta remítelle ao Concello de Vigo unha nova proposta de convenio para a mellora do servizo de autobús urbano ao aeroporto de Peinador

O texto, froito da xuntanza de traballo mantida entre representantes das Administracións autonómicas e local, atende alegacións formuladas dende o Concello.

A Xunta remitiulle  ao Concello de Vigo unha nova proposta de convenio para a mellora do servizo de autobús ao aeroporto de Peinador.

 

A proposta, froito da xuntanza de traballo mantida onte, atende alegacións formuladas dende o Concello á proposta inicial de acordo remitida polo Goberno galego. Así, por exemplo, múdase a redacción da exposición de motivos para recoñecer o interese supramunicipal da liña, ao considerarse razoable esta demanda, tendo en conta a integración da liña no Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo.

 

O Goberno galego tamén acepta que unha vez vencido o prazo inicial do convenio e antes da súa prórroga se poidan cambiar o número de expedicións, no caso de haber acordo entre ambas partes, para adaptar o servizo á oferta de voos.

 

 

 

 

O Goberno galego acepta que unha vez vencido o prazo inicial do convenio e antes da súa prórroga se poidan cambiar o número de expedicións, no caso de haber acordo entre ambas partes, para adaptar o servizo á oferta de voos

 

 

 

 

No que se refire á antigüidade dos vehículos, a Xunta accede a que os servizos se presten con autobuses seminovos, en lugar dos novos requiridos inicialmente, e deixa en mans do Concello a formulación dunha proposta sobre a antigüidade máxima dos vehículos.

 

Tendo en conta a recente firma por parte do Concello de Vigo da súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano mediante as liñas de autobús urbano, e a propia filosofía da Área Metropolitana de Vigo, o documento enviado hoxe especifica que, loxicamente, tamén este servizo de autobús a Peinador deberá estar integrado neste programa de transporte público.

 

 

 

 

No documento indícase que igual que no caso do autobús a Lavacolla, o autobús a Peinador debe estar incluído no Plan de Transporte Metropolitano e poder aboarse coa tarxeta TMG, de acordo coa filosofía da Área Metropolitana acordada entre a Xunta e os Concellos

 

 

 

 

Neste sentido, e tal e como acontece coa liña interurbana de autobús que conecta o centro de Santiago con Lavacolla, o convenio para o autobús a Peinador establece a aplicación dunha tarifa bonificada para os usuarios que abonen o percorrido coa tarxeta do Transporte Metropolitano ou coa do autobús urbano de Vigo.

 

Outro punto recollido nesta nova proposta é o rotulado dos autobuses, para o que a Consellería de Infraestruturas propón a denominación Vigo- Peinador e se consideren no posible as obrigas contratuais do Concello con Vitrasa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.