SALVATERRA DE MIÑO
Lazoiro pidea inclusión no censo de zonas de baño de Galicia das praias fluviais do río Tea e Miño en Salvaterra
Esta asociación quere poñer en valor o noso entorno e patrimonio como un atractivo turístico máis para potenciar o noso concello.
![[Img #27129]](upload/img/periodico/img_27129.jpg)
No municipio de Salvaterra existen diferentes praias fluviais no río Tea e Miño na calculamos que na maioría ten unha media afluencia semanal de 200 persoas entre veciños da zona, vila e localidades próximas que se achegan a estes lugares de baño pero ningunha esta incluída de forma oficial no censo de zonas de baño de Galicia, polo que non están sometidas a ningún control da calidade das súas augas.
Estas praias atópanse en diferentes parroquias de Salvaterra, contando todas elas cun bo acceso e a maioría con merendeiros. No río Tea destacan a de Abelán na parroquia de Fornelos, Cordeiro en Alxén e os Muíños en Salvaterra. Tamén no río Miño a de Bogal na parroquia de Oleiros.
A Asociación Lazoiro pide a inclusión no censo de zonas de baño de Galicia ao amparo da Lei 14/1986, do 25 de abril, que prevé que as actividades e produtos que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias negativas para a saúde, sexan sometidos ao control das administración públicas. Unhas destas actividades é o uso recreativo da auga, en concreto as zonas de augas de baño naturais.
Entre eses beneficios, estaría poder consultar en liña o estado da auga en todo momento e incluso de que se volvese a repetir algúns dos verquidos que nos últimos anos tiveron lugar no río Tea, entre o que destaca o do vertido de sosa cáustica en Mondariz. Deixando por tanto nunha situación de desamparo ás persoas que se bañan no río Tea en Salvaterra, xa que o último punto recoñecido como zona de baño atópase en Ponteareas, esquecéndose por tanto do treito final que vai até a desembocadura no río Miño.
Por eses motivos a asociación Lazoiro vén de solicitar de forma oficial a incorporación das praias anteriormente citadas no censo de zonas de baño de Galicia antes a Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra e tamén posto en coñecemento do Concello de Salvaterra para que tomen as medidas necesarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217