MOS
Os mosenses poden optar a axudas autonómicas para previr ataques de lobo e xabaril
Poden pedir máis información e realizar a tramitación da subvención no departamento municipal de Medio Ambiente.
A concellería de Medio Ambiente mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, coñecedora da preocupación de parte da poboación do municipio ante posibles ataques ao seu gando por parte de lobos e xabarils, informa de que este departamento municipal ponse a disposición dos veciños/as interesados/as para axudarlles a tramitar unha subvención autonómica da que se poden beneficiar, entre os doutros concellos, os habitantes da localidade de Mos.
A consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia ven de publicar o pasado 11 de agosto a ORDE do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016.
Estas axudas van destinadas a gandeiros (vacas, ovellas, cabras, cabalos, porcos celtas e apicultores) e agricultores para a protección do seu gando e dos seus cultivos fronte aos ataques da fauna salvaxe (xabaril, lobo, oso, ...).
Subvenciónanse pastores eléctricos, mallas electrificadas e cans mastíns. O importe subvencionado é ata o 100% do custo cun límite de 4 pastores, 4 mallas e 2 mastíns. O prazo para solicitar estas axudas rematará o vindeiro 12 de setembro. Por iso se recomenda a todos os interesados que se dirixan canto antes ó departamento municipal de Medio Ambiente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115