Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 02 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O PIE Mos 3.0 clausurouse esta semana tendo acadado o espectacular dato do 85% de inserción laboral

Ó acto de clausura asistiu a Secretaria Xeral de Emprego, Covadonda Toca Carús.

[Img #27144]

 

A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, asistiu esta semana na Axencia de Colocación de Mos, á clausura do Plan Integrado de Emprego P.I.E. ‘Mos 3.0’, acompañada do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías mosense, Óscar Soto. Tamén estiveron presentes no acto as técnicos do PIE, Ana Concheiro e Begoña González, a técnico-consultora da Avaliación de Calidade do PIE, Blanca Villamañán, os usuarios beneficiarios do PIE ‘Mos 3.0’ e representantes das empresas colaboradoras do PIE que recibiron o Selo de Recoñecemento Social de Compromiso co Emprego pola súa colaboración e foron un total de 22 as asistentes.


Nesta clausura informouse sobre os resultados de inserción laboral desde que arrancou o Plan Integrado de Emprego, Mos 3.0, o pasado 1 de setembro de 2015. Durante todo este tempo, un ano exactamente, 75 das 90 persoas usuarias do PIE traballaron e 49 atópanse insertadas actualmente.


Ditas 75 insercións representan preto do 85% do total de 90 usuarios do PIE. Para lograr tan óptimos resultados os técnicos do Plan Integrado de Emprego realizaron un arduo labor no que, entre outras iniciativas, foron prospeccionadas máis de 100 empresas e entidades.


Ademais, realizáronse un total de 63 accións formativas cualificadoras distintas, cunha media de participación de 12 persoas por curso.


As diversas accións formativas, combinadas con prospección empresarial e orientación laboral, compoñen o proxecto presentado polo Concello de Mos e aprobado pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O apoio económico da Xunta de Galicia ó Concello para poder levar a cabo este Plan foi unha subvención de 281.506,97 euros.


O Plan Integrado de Emprego incluiu tamén numerosos convenios prácticas con empresa, mediante os que se lograron un total de 88 períodos de prácticas de usuarios do PIE nas empresas colaboradoras (un total de 23 asinaron convenios de colaboración co Concello de Mos).


Dos 90 usuarios/a ,61 persoas (67%) realizaron 1 ou máis períodos de prácticas en empresa. O 80 % das persoas que realizaron prácticas no PIE acabaron conseguindo unha contratación vinculada á realización de dictas prácticas.


Segundo PIE Mos 3.0
A consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu ao Concello de Mos un novo Plan de Emprego que se desenvolverá entre o vindeiro día 1 de setembro e o 31 de agosto do vindeiro ano 2017. Neste novo plan atenderase a 60 usuarios/as veciño/as de Mos e que sexan demandantes e emprego. O colectivo principal ao que vai dirixido é a xuventude, xa que 42 das 60 plazas deben cubrise con persoas menores de 30 anos.


Selo de excelencia
Como xa se dixo, no acto de clausura celebrado esta mañá na Axencia de Colocación mosense, as empresas colaboradoras do PIE recibiron o Selo de Recoñecemento Social de Compromiso co Emprego pola súa colaboración. Foron un total de 22: Talleres Nespereira, AKI Bricolaje, O Noso Rincón do Pino Manso, O Patio de Arancha, ACEESCA, ACECA, ACOPAFI, Segursystem Europa, AFAGA, BCV Montajes, Clarexa Procesos Educativos, Doral Residencias, Colegio Lar, Noribérica, Sofycom, Telenet Central Logística S.A., Formalar, Vego Supermercados S.A.U. (Eroski), Celularnet, Termocalor, Goycar e Industrias Proa.


A Axencia de Colocación de Mos certifica ás empresas colaboradoras do PIE cun selo de calidade empresarial que acredita o seu compromiso social coa creación de emprego.


Este selo vai dirixido ás entidades que colaboraron, de maneira voluntaria e sen contraprestación, no Plan Integrado de Emprego PIE Mos 3.0.


“O Concello de Mos”, declaraba o edil Óscar Soto , “quere valorar o apoio á creación de emprego de calidade e quere, ademais, que estas entidades poidan dar visibilidade do seu compromiso coa mellora social”.
As entidades podían optar a diferentes versións do selo, segundo o tempo e os recursos dedicados a favorecer a integración no mercado de traballo das 90 persoas desempregadas que foron beneficiarias do PIE ‘Mos 3.0’. Polo que se diferenciou entre aquelas entidades que facilitaron prácticas, as que realizaron contratos laborais e as que se comprometeron a manter os devanditos contratos no longo prazo.


Desde o inicio da súa participación no PIE Mos 3.0, as entidades puideron exhibir o selo na súa páxina web e medios publicitarios, nos seus produtos, locais e documentos, para comunicar o seu exemplar comportamento como entidade socialmente responsable en materia de emprego.


As acreditacións e galardóns finais foron entregadas  no acto público celebrado na Axencia de Colocación, onde cada unha das entidades colaboradoras,  puido recoller o seu.


Como dentro dos obxectivos do Plan Integrado de Emprego ‘Mos 3.0’ estaba o fomento do emprendemento como forma de autoemprego, tamén se distinguiu cun destes selos a unha usuaria do P.I.E. que iniciou en solitario unha acción emprendedora e montou a súa propia empresa. Deste xeito apóstase pola formación e a mentorización, que como pode observarse conseguiu motivar e impulsar a creación de entidades polas persoas beneficiarias do PIE Mos 3.0. Estes casos teñen a súa propia categoría de selo, como entidade emerxente ao amparo do PIE Mos 3.0, para que poidan facer uso do mesmo nos seus documentos, materiais, redes sociais, etc.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.