Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 01 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Xa están a colaborar en Mos os 8 voluntarios do Programa de Voluntariado Xuvenil

A consellería de Política Social concedeu unha axuda coa que se coordinan diferentes iniciativas a desenvolver por estes mozos voluntarios de entre 16 e 30 anos de idade.

Esta semana celebrábase no Salón de Sesións do Concello de Mos unha reunión de coordinación entre a concelleira mosense Julia Loureiro, a técnico municipal responsable deste proxecto e os 8 voluntarios e voluntarias que xa se atopan en activo colaborando coa administración local mosense.


A consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que dirixe o conselleiro José Manuel Rey Varela, concedeulle ó Concello unha subvención de preto de 5.000 euros para o Programa de Servizo de Voluntariado Xuvenil.
Dito programa consta de 8 voluntarios/as que colaboran no mesmo un mínimo de 6 horas ó día durante un total de 60 días, colaborando na Aula de Integración para alumnos/as expulsados/as do IES de Mos, no campamento infantil matinal Mañás de Verán, na Ludoteca Municipal de San Rafael durante a tempada estival; así como en outras actividades educativas e lúdicas para a poboación infantil e xuvenil, de dinamización medioambiental, relacionadas coa cultura e o turismo para poñer en valor o patrimonio cultural municipal e de apoio ás persoas dependentes e/ou con discapacidade.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a edil Julia Loureiro declararon a este respecto que “dende o Concello de Mos somos conscientes da importancia da acción voluntaria co obxectivo de promover a participación social dos cidadáns do municipio, por iso preténdese crear unha rede de voluntariado mediante a activación do Programa Municipal de Voluntariado, cunha sección inicial de voluntariado xuvenil”.


Tratarase dun programa coordinado entre as concellerías de Política Social, Participación Cidadá (OMIX) e Emprego que supoña un avance no desenvolvemento do voluntariado, na concienciación da poboación sobre a importancia da participación voluntaria, e na regulación da actividade voluntaria mediante a formación e o apoio de proxectos innovadores.


Arévalo e Loureiro explicaron que “sensibilización, promoción, formación, coordinación e apoio técnico ao voluntario son os eixes sobre os que se planifican as distinstas actuacións deste programa municipal”.
O Concello de Mos está rexistrado na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con número 563 e denominación “Concello de Mos: Voluntariado Social”. O nome do proxecto a desenvolver inminentemente e grazas a esta subvención de Política Social é “Mocidade Voluntaria de Mos VOLX-MOS”.


A edil Julia Loureiro e a rexedora local mosense consideran este proxecto “Mocidade Voluntaria de Mos” como un primeiro paso para converter Mos nun municipio máis solidario a través do fomento e o apoio ao voluntariado, coa importancia que ten facelo no rango de idade da mocidade, xa que os mozos solidarios de hoxe serán adultos solidarios no futuro.


O Concello de Mos xa ven sendo exemplo de actitudes e iniciativas solidarias promovendo, entre outros, o programa Mos Axuda, no que se coordinan os Servizos Sociais municipais, Protección Civil, empresarios, o Club de Leones de Mos e outros activos locais para dar resposta ás necesidades e demandas das familias mosenses máis desfavorecidas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.