PROVINCIA
Xoán Bascuas: “A sede central da futura Policía Galega estará en Vigo”
Compromiso aproveitou a presentación da candidatura por Pontevedra no Museo do Mar para falar das problemáticas da cidade viguesa.
CxG presentou a súa candidatura pola provincia de Pontevedra no Museo do Mar de Vigo. “Vigo, como principal cidade de Galicia, debe ser respectada pola Xunta, debe recibir me- llor atención sanitaria, mellores recursos de xestión e ter capacide de decisión”, dixo Xoán Bascuas, candidato a presidir a Xunta de Galicia. “A administración debe ter a Vigo en conta cando se trata de establecer centros de decisión. Por iso, en Compromiso queremos que, cando se acade a competencia exclusiva, a sede central da Policía Galega estea en Vigo”, rematou.
En materia de infraestruturas, Bascuas fixo fincapé na importancia para Galicia do porto e do aeroporto, que ha de competir con Porto e Lisboa. “O porto e o aeroporto de Vigo son infraestruturas fundamentais para Galicia, e a Xunta debería facer esforzos nese sentido para poder competir co Norte de Potugal para, así, potenciar o emprego e a economía de Galicia”.
“Compromiso é a nova forza galeguista, nacida para dar solucións reais e totalmente viables a esta terra”.
“A situación de desemprego de Galicia é totalmente evitable. As decisión de Galicia han
de ser tomadas en Galicia. Sempre. O centro de decisións está moi lonxe, en Madrid, e así nunca se pode atender ás necesidades dos cidadáns, que non queren ser subsidiarios, que- ren traballar, que lles deixen traballar, que lles quiten os atrancos, e para iso estamos aquí nós, para facer política de cerca”, a rmou Bascuas. “Compromiso é a nova forza galeguista, nacida para dar solucións reais e totalmente viables a esta terra”.
Andrés Núñez Rajoy destacou a necesidade de facer de Vigo o centro indiscutible da cultura galega. “Vigo, como cidade de referencia que foi do galeguismo, ha de ser o obradoiro cul- tural de Galicia. Para iso hai que ter un plan cultural que a actual Xunta de Feijóo non ten. En Compromiso temos claro que a cultura galega é unha das nosas grandes apostas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22