Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 03 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP de Pontevedra homenaxea en Lalín a ex alcaldes e ex concelleiros da provincia

Alfonso Rueda sinala que “entre todos facemos da nosa unidade unha rocha sólida, duradeira e inquebrantable”.

O Partido Popular de Pontevedra reunirá este domingo en Lalín a preto de 500 ex alcaldes e ex concelleiros de todos os concellos da provincia. Trátase de unha homenaxe que os populares queren render a todas as persoas “que deron moito a cambio de nada, que sacrificaron anos pero sobre todo momentos particulares das súas vidas por este partido”, explica o presidente provincial Alfonso Rueda.

 

O acto, que tamén contará coa participación do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, celebrarase na Carballeira de Rodo. Alfonso Rueda recorda que a maior potencia do PP radica na súa estrutura municipal, nos seus alcaldes, nos presidentes locais e en cada un dos seus concelleiros e afiliados, e por este motivo entende que é de xustiza homenaxear ás persoas que, aínda que abandonaron a política activa, nunca abandonaron nin os seus ideais nin ao seu partido. “Son o noso referente máis importante, os que nos achegan á realidade dos cidadáns e os primeiros que trasladan a nosa mensaxe de partido por cada un dos recunchos desta provincia”, sinala.

 

 

 

 

Os populares reunirán na Carballeira do Rodo a preto de 500 persoas

 

 

 

 

Segundo Rueda, “o Partido Popular formámolo todos, os que estaban, os que estamos e os que aínda van vir. Entre todos facemos da nosa unidade unha rocha sólida, duradeira e inquebrantable”. Nesta liña, o presidente provincial salienta que “cando o que están de moda son as pelexas internas, as liortas e os boicots entre compañeiros dun mesmo partido, nós optamos polo que nos caracteriza e nos representa, optamos polo que nos fai diferente, optamos por estar xuntos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.