Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 04 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Inicio das obras de humanización nas Pozas

Os traballos inclúen tamén un aparcadoiro que amplíe as prazas para o Multiusos.

[Img #27156]

 

Acaban de comezar as obras de humanización e mellora do Camiño das Pozas, na parroquia de Petelos, que comunica a Capela de San Amaro co Multiusos das Pozas. Esta semana visitaron os traballos a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, que supervisaron na compaña dunha veciña da zona.


Alonso, edil de Vías e Obras, informou de que o remate desta obra de humanización está previsto para decembro do presente ano 2016.


Para a mellora e humanización do Camiño das Pozas, que une a Capela de San Amaro co edificio Multiusos, foi necesaria a cesión dos terreos da Comunidade de Montes de Petelos na zona de As Pozas ó Concello de Mos para que a administración local puidera acometer as obras de humanización e ampliación de prazas de aparcadoiro previstas para este lugar e nas que o Concello de Mos investirá 200.000 euros. Para elo cóntase coa subvención do Plan de Obras e Servizos do Plan de Concellos da Deputación.


Nos terreos adquiridos ós comuneiros estanse a realizar as obras de aparcadoiro nas Pozas e a humanización da estrada que conduce ó centro Multiusos dende a Capela de San Amaro.


Este proxecto enmárcase nas iniciativas que o goberno local tiña previsto poñer en marcha na presente lexislatura e que teñen como referencia buscar espazos para o uso das persoas. Estas obras son consideradas por Arévalo, rexedora local mosense, como “traballos de vital importancia  para a seguridade das persoas que transitan por esa zona”.


Na adquisición dos terreos da Comunidade de Montes o Concello de Mos investiu 25.000 euros.
Actualmente nesta zona non hai case lugar onde aparcar e é necesario dotar de prazas de aparcamento o contorno dun edificio tan concorrido e que se atopa ubicado nas Pozas, área que concentra moitas outras dependencias públicas como son o Multiusos, o Colexio de Petelos, o IES de Mos, o Pavillón Óscar Pereiro, a Piscina Municipal; así coma os novos parque e pista de skate.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Vías e Obras e natural ademáis da parroquia de Petelos, Luis Alonso, explicaban hoxe que un dos obxectivos desta obra é a mellora da seguridade vial para os moitos peóns que a diario transitan pola zona; xa que se nese lugar os vehículos se atopan correctamente estacionados os peón terán un espazo delimitado e seguro por onde camiñar. Xa que este lugar reúne a multitude de veciños e veciñas de tódalas idades, pero sobre todo maiores.


A nova beirarrúa na marxe esquerda da estrada, da que se dotará a zona, terá un ancho de 2 metros e as novas zonas de aparcadoiro distribuiranse en forma de espiña de peixe no tramo final máis próximo ó Multiusos. A humanización dos espazos permitirá o soterramento das redes aéreas do servizo (baixa tensión, telecomunicacións e alumeado público) que interrumpen o trazado dos novos espazos públicos. Ademais plantaranse algunhas árbores nas zonas onde se dispón de espazo suficiente. Outra das actuacións secundarias consiste na dotación de sinalización vertical e horizontal para a mellora da seguridade viaria. Proxéctase tamén a execución de 3 novos vados de acceso ás parcelas unifamiliares no tramo inicial.

 

“Os servizos para a cidadanía son e serán para nós a prioridade nesta zona e en toda a localidade”, declararon xa para concluír os representantes municipais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.