PROVINCIA
As Neves aposta pola mobilidade sostible da man da Deputación Provincial
O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acordaron realizar un estudo de mobilidade que recolla as necesidades do núcleo urbano desta localidade.
O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, veñen de manter unha xuntanza para analizar in situ as necesidades deste concello en materia de Mobilidade. Da xuntanza saíu o compromiso entre ambas Administracións de elaborar un Plan de Mobilidade sostible para o conxunto do núcleo urbano de As neves, que analice e dea solución ás necesidades da veciñanza, atendendo á organización dos espazos públicos, equipamentos e servizos existentes. Neste marco, abordáronse moi especialmente as necesidades do comercio local, de xeito que se establezan os criterios técnicos para organizar os fluxos peonís máis axeitados para favorecer a súa actividade.
Así, a Deputación elaborará o estudo atendendo aos criterios de seguranza viaria e mobilidade sostible que vén promovendo a través do Plan MOVESE e que, entre outros factores, prioriza a mobilidade peonil, trata de reducir e reorganizar o tráfico de vehículos, promove o uso e desfrute dos espazos públicos por parte da veciñanza, e garante a coexistencia entre os diferentes sistemas de desprazamento. "Estamos moi satisfeitos do apoio da Deputación neste eido, porque nos permitirá acometer accións planificadas e cunha visión global de todo o casco urbano" asegurou o rexedor da localidade. Pola súa banda o deputado indicou que "o obxectivo deste tipo de estudos é o de acometer actuacións sensatas e racionais segundo as particularidades de cada contorna, e ofrecerlle á veciñanza espazos agradables e atractivos para a súa vida diaria".
Tras a xuntanza, Uxío Benítez tamén aproveitou para visitar as estradas provinciais neste concello nas que se solicitaron actuacións ao abeiro do Plan MOVESE. Hai que lembrar que no seu momento, As Neves solicitou actuacións de calmado do tráfico na EP-4006 que comunica con Ponteareas, na EP-4202 Tortoreos-Rubios-Carrasqueira, na EP-4101 Meder-Taboexa e na EP-4201 Setados-Ribarteme-Vide.
O deputado provincial de Mobilidade tamén se achegou ata a contorna da estación do tren na que xa se plantexara unha actuación na xuntanza mantida en marzo entre o deputado e o alcalde. Trátase dunha proposta de recuperación e urbanización da estrada provincial que leva á estación do tren (EP-4204 As Neves-Estación), xa que, xunto coa mellora do propio edificio de Adif, podería supoñer unha actuación de gran valía de cara á dinamización turística do río Miño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103