Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 04 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación mellorará a seguranza viaria na contorna do colexio Neira Vilas en Peitieiros

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, mantiveron esta mañá unha xuntanza para abordar as prioridades deste concello en materia de Moblidade.

[Img #27189]

 

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, mantiveron esta mañá unha xuntanza para abordar as prioridades deste concello en materia de Mobilidade. Entre os acordos máis salientables da reunión está o compromiso da Deputación para estudar tecnicamente a mellora da seguranza viaria na estrada provincial EP-2301, que vai de Gondomar a Peitieiros, na contorna do colexio público Neira Vilas. O obxectivo desta actuación é o de propor actuacións de mobilidade que garantan a seguranza viaria, prioritariamente para o alumnado e para os e as usuarias do centro educativo. O estudo tamén atenderá aos servizos e equipamentos pertinentes, como a ubicación máis acaída para a parada dos autobuses escolares en relación aos accesos ao recinto. O proxecto, ademais de aumentar a seguranza tanto para as persoas usuarias do colexio como para a veciñanza da zona, tamén se enmarca no obxectivo de promover a racionalización dos espazos públicos, atender ás necesidades dos colectivos máis vulnerables e, sobre todo, priorizar a mobilidade peonil e racionalizar a convivencia entre persoas e vehículos de xeito seguro.

 

Na xuntanza, o rexedor tamén lle entregou ao deputado a memoria do anteproxecto de humanización da interconexión das rúas urbanas San Bieito e Emigrante coas estradas provinciais EP 2301 Gondomar- Peitieiros, e a EP 2302 Gondomar- Chaín- Morgadanes. O alcalde comprometeuse a achegar o proxecto nas vindeiras semanas para que poida ser revisado polos técnicos provinciais, atendendo aos criterios e á estratexia de Mobilidade sostible da Deputación provincial. Unha vez realizado este proceso, ambas Administracións establecerán o marco de colaboración para acometer as actuacións contempladas.

 

Por último, tanto Benítez como Ferreira aproveitaron o encontro para revisar as solicitudes que o concello de Gondomar fixera no seu momento ao abeiro do Plan MOVESE, nas que se contemplan medidas de calmado do tráfico tales como a instalación de pasos de peóns sobreelevados, redutores físicos de velocidade e zonas 30 nas vías de titularidade provincial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.