Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 04 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Medio Ambiente executará melloras na depuradora da Guarda

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba, asinaron un convenio de colaboración neste sentido.

[Img #27203]

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello de A Guarda colaborarán para mellorar a situación da depuradora da Guarda, tal e como se recolle no convenio asinado entre a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba.

 

O obxectivo destas obras é mellorar as instalacións de depuración da Guarda, na que se tratan as augas residuais dos concellos da Guarda e O Rosal. O obxectivo é realizar melloras nos sistemas de control e automatización da planta e na propia edificación, para que a depuración se poda levar a cabo de forma máis eficiente.

 

Para executar estes traballos, o Goberno galego achegará máis de 60.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

 

No encontro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos. Tras a sinatura do convenio de colaboración, Augas de Galicia pode licitar este contrato nas próximas semanas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.