GALICIA
Xuventude promove o uso do Carné Xove nas compras de inicio do curso para obter descontos
O Carné Xove conta na actualidade con 47.212 titulares e máis de 2.600 establecementos adheridos en Galicia.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación en Voluntariado promove a utilización do Carné Xove nas compras de inicio do curso escolar, xa que moitos dos establecementos teñen descontos para os mozos e mozas que teñan este documento. A directora xeral, Cecilia Vázquez, visitou hoxe a carpa de promoción do Carné Xove na campaña “Volta ao cole” da Asociación de Empresarios do Deza que tivo lugar en Lalín.
O Carné Xove conta na actualidade con 47.212 titulares e máis de 2.600 establecementos adheridos en Galicia. A través deste carné, os mozos e mozas poden obter descontos nunha ampla gama de servizos, como transportes, espectáculos, compras, aloxamentos, actividades culturais ou de lecer e tempo libre, tanto na nosa Comunidade autónoma como no resto de rexións españolas e na maioría de países europeos.
En concreto, a mocidade galega pode acceder aos beneficios que se ofrecen en 40 países europeos nun número de establecementos que rolda os 100.000 en toda España.
Os mozos e mozas de 12 a 30 anos, ambos inclusive, interesados en obter este documento de uso persoal e intransferible só teñen que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a identidade co DNI ou pasaporte, pagar 6 € mediante o impreso de taxa e achegarse a calquera das oficinas expendedoras do carné xove: servizos de xuventude provinciais; oficinas locais de Ferrol e Pontevedra; Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela; as oficinas municipais de información xuvenil; casas da xuventude e algunhas oficinas de Abanca.
O carné ten unha vixencia de 2 anos a partir da data de expedición e inclúe un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para poder facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.
A Dirección Xeral de Xuventude a través das súas oficinas expendedoras tamén emite outro tipo de carnés como o de alberguista, o de estudante internacional ou o Teacher para docentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213