I TORNEO DE XADREZ CONCELLO DE MOS
Mos capital do xadrez por un día
Manuel Carballo (Marín) foi o vencedor do torneo en Categoría Absoluta, mentres que as primeiras posicións das categorías inferiores eran para Artai Bringas, Andrés Rodríguez, David Sousa e Gil Sousa
![[Img #27251]](upload/img/periodico/img_27251.jpg)
A primeira edición do Torneo de Xadrez Concello de Mos reunía este sábado, nunha xornada inesquecible para o club, a 180 xogadores e xogadoras desprazáronse ao Centro Dotacional de Torroso para gozar por un día da práctica desta actividade.
Unha alta participación que chegaba de todas as provincias da nosa comunidade autónoma así como de diversas cidades do país veciño; Braga, Porto…
Desde a organización aseguraban sentirse “orgullosos de finalizar o evento coa sensación de que todos eles gozaron dun gran día en Mos”.
Os organizadores falan xa dunha próxima edición na que “esperamos mellorar no posible” e “volver ser anfitrións de todos e cada un deles o ano que vén, e non só deles, senón de novos xogadores e xogadoras que queiran unirse a este día tan bonito para o xadrez”.
![[Img #27243]](upload/img/periodico/img_27243.jpg)
Detrás deste sinxelo evento hai moitas horas de traballo e dedicación por parte dos organizadores que estiveron á altura das circunstancias nun evento cunha impecable organización.
Desde o Club agradecen “a todas as persoas que puxeron o seu granito de area para que este día fose mellor”. A organización destaca o labor dos os pais, nais, amigos, amigas... que forman este Club, xa que “sen a vosa axuda non fose posible” aseguran.
![[Img #27247]](upload/img/periodico/img_27247.jpg)
Tamén mostraron a súa gratitude a “a corporación municipal, concretamente ao Concelleiro de Deportes Alberto Méndez, xa que sen a súa disposición, este evento non fose posible; á dirección do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, por acollernos nas súas instalacións e facernos sentir como na casa. E a todos e cada un dos colaboradores que permiten que os xogadores e xogadoras volvades ás vosas casas con ganas de repetir o ano que vén”.
Clasificacións
No deportivo destacar a primeira posición, en categoría Absoluta, de Manuel Carballo (Marín) quen obtiña 6,5 puntos, seguido de Rubén Fernández (Universidade de Vigo) con 5,5 puntos.
En Sub 14 Artai Bringas (Laroca) facíase coa primar posición con 6 puntos, miestras que Andrés Rodríguez (Fontecarmona) vencía na categoría Sub 12 co un total de 6,5 puntos.
A clasificación final tras as sete roldas outorgaba a primeira clasificación na categoría Sub 10 para David Sousa (Escola Xadrez Porto) con 6,5 puntos, mentres que en Sub 8 o vencedor era Gil Sousa (Escola Xadrez Porto) con 6 puntos.
GALERÍA DE IMAXES I TORNEO XADREZ CONCELLO DE MOS

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22