Mos
Arévalo e Loureiro alertan do deficiente estado no que se atopa a estrada Peinador-Os Valos
![[Img #27253]](upload/img/periodico/img_27253.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, e o edil de Vías e Obras, Luis Alonso, alertaron onte do deficiente estado no que se atopa a estrada Peinador-Os Valos, no que a limpeza viaria se refire.
“Dende que entrou o goberno da nova Deputación de Pontevedra, presidido por Carmela Silva, non se realizaron labores de limpeza viaria nas estradas provinciais ó seu paso polo Concello”. O que, segundo argumentan os representantes municipais mosenses, “resulta paradóxico, xa que o parque de maquinarias atópase infrautilizado”.
“O exemplo máis sangrante é o da estrada Peinador-Os Valos, cuxas beirarrúas se atopan completamente impracticables para os peóns ó estar invadidas pola maleza. E é que o único traballo que se dignou a facer a a Deputación foi adecentar a estrada Puxeiros-Mos pero porque ía pasar a Volta Ciclista a España por ela, ademais tan só desbrozaron o tramo polo que transcorría a Volta e unha semana antes da mesma”, declararon Arévalo, Loureio e Alonso.
A rexedora local mosense informa tamén de que dende fai meses se lle están dirixindo escritos semanais á administración provincial instando á limpeza viaria pola seguridade de viandantes e condutores, “ós que nos fan caso omiso demostrando a deixadez da actual Deputación, que nin sequera asume a limpeza viaria das estradas da súa titularidade, tendoas feitas un desastre a pesar de ter o parque de maquinaria infrautilizado, puidendo destinar máquinas do mesmo a realizar labores de desbroce nos camiños e estradas provinciais dos municipios”. “Pasotismo” da Deputación e a súa presidenta que Arévalo lamenta “profundamente”.
Por último a alcaldesa concluiu solicitando novamente á Deputación e a súa presidenta que se faga cargo polo menos das dúas estradas provinciais que atravesan o municipio de Mos e precisan de múltiples actuacións (Peinador-Os Valos e Puxeiros-Mos), sendo a necesidade máis imperiosa a limpeza viaria, por atoparse as cunetas nun deficiente estado e plagadas de maleza. Premura que podería ser subsanada cunha simple orde ó parque de maquinarias para que envíen efectivos a Mos. “Algo tan sinxelo que parece mentira que non se dignen a facelo”, concluiu Nidia Arévalo, quen asegurou que non deixará de defender na Deputación de Pontevedra os intereses dos máis de 15.000 veciños e veciñas de Mos e non parará ata que a administración provincial asuma as súas responsabilidades “entre as que se atopa manter en óptimas condicións os viais da súa titularidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22