Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 06 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O paro volveu a baixar no Porriño o mes pasado deixando o número de desempregados en 1.896

O paro baixou o mes de agosto en O Porriño, unha caída que se suma ás 118 persoas que atoparon traballo en xullo, 67 en xuño, 41 en maio ou 46 en abril e que supón que o número de porriñesas e porriñeses desempregados sitúase, a día 31 do mes pasado, en 1.896, por debaixo das 1.900 persoas por primeira vez dende hai  7 anos.


Dacordo cos datos sobre a evolución do paro do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 243 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.896 a finais de agosto deste ano.


Esta baixada, que prolongouse durante un mes especialmente malo para o emprego coma o de agosto-hai que lembrar que no conxunto do Estado medrou en máis de 14.000 persoas- , deixa a porcentaxe de desempregados na vila no 21,4%, tres puntos menos que cando comezou o actual mandato municipal.


No que vai de 2016, o número de parados descendeu no concello do Porriño en 209 persoas, dos 2.105 veciños que estaban na procura de traballo a principios de xaneiro aos 1.896 que están anotados na oficina de emprego na actualidade.


Un mes máis, a alcaldesa, Eva García de la Torre quere coller esta baixado no desemprego do Porriño con  moita prudencia e subliña que a aposta do Goberno local na loita contra o paro seguirá sendo a formación, con máis cursos, actividades e propostas que melloren a empregabilidade das veciñas e veciños que están buscando traballo.


Asimesmo, o Concello seguirá incrementando a cooperación coas empresas radicadas na vila, de xeito que esa formación se achegue ás necesidades de persoal destas firmas e, como ven de facer o Goberno municipal dende o primeiro día, facilitar, potenciar e favorecer a actividade económica do comercio local como base da economía porriñesa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.