Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 06 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta comezará hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-340, o seu paso polos concellos de Tui, Gondomar e Nigrán

Estes traballos consistirán na adecuación da capa de radadura desta vía no treito comprendido entre os PK 16+700, en Gondomar, e 19, no enlace coa A-57.

[Img #27255]A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezará o vindeiro martes as obras de reforzo de firme na estrada Tui- A Ramallosa (PO-340), ao seu paso polos concellos de Tui, Gondomar e Nigrán.

 

Estas actuacións están enmarcadas nun paquete de obras de rehabilitación da capa de rodadura en catro estradas autonómicas da provincia de Pontevedra, entre as que tamén se atopan a PO-329, PO-331 e PO-511, nos Concellos de Mos, O Porriño, Vigo, Tui, Gondomar e Nigrán. Este contrato consta dun orzamento total de máis de 605.000 euros que serán achegados polo Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

 

Na estrada PO-340, as obras consistirán na rehabilitación localizada mediante fresado e reposición, no treito comprendido entre os PK 16+700, en Gondomar, e 19, no enlace coa A-57.

 

 

 

 

Estas actuacións están enmarcadas nun paquete de rehabilitacións do firme en catro estradas autonómicas da provincia de Pontevedra, entre as que tamén se atopan a PO-329, PO-331 e PO-511, nos Concellos de Mos, O Porriño, Vigo

 

 

 

 

Unha vez rematados estes traballos, as accións de reforzo de firme continuarán na PO-331, onde se levará a cabo a reparación dos puntos que presentan deformacións ao longo de toda a estrada, de 19,1 metros de lonxitude. Os treitos obxectos das melloras desenvólvense polos Concellos de Mos, O Porriño, Vigo e Gondomar.

 

Na estrada PO-329 tamén se realizará unha rehabilitación localizada ao longo de toda a estrada, de 850 metros de lonxitude, que é unha das travesías do Porriño.

 

No que se refire á estrada PO-511, mellorarase o firme  ao longo de toda a estrada, de 510 metros de lonxitude, nos Concellos de Mos e O Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.